SEÑOR CURA, ¡COMEUNO O GATO! 
CONTO
CONTO
      O señor cura dunha parroquia de lonxe vía con desgusto como cada día os
 seus fregueses deixaban de ir á misa e non sabía qué cousa facer nin 
cómo predicar para que volvesen cumprir como bos cristians. Cada vez era
 máis grande a súa inquietude e non seixaba de cismar día a día e hora 
tras hora, sen dar co remedio, ata que, ao cabo, debeu dar con algunha 
maraña pois, chegado o domingo siguinte ía haber un milagre pois el 
tivera un aviso do ceo facéndolle saber que ía baixar á terra o Espírito
 Santo para saber qué veciños ían á misa e cáles non, para tomar en 
conta na hora da súa morte.
    
 A tal oír, o parvo do sancristán que nada sabía, quedou medio pampo e 
púxose a cavilar. Ao marcharen os fregueses só na sancristía co señor 
cura, quixo saber e preguntoulle:
     -¡E logo, señor cura! ¿Vostede como vai facer para que baixe o Espírito Santo?
     O señor cura, dixolle:
    
 -¡Non teñas coidado, hom, xa verás na súa hora! No encanto ben será  
que vaias á feira e, sen que te vexan os nosos veciños, merques unha 
pomba ben branca, ben branca e tráesma agachada.
    
 Chegado o día do milagre, a igrexa estaba chea. Axuntáranse tanta 
familia que non collía unha alma máis. Rematada a misa o señor cura dixo
 o seu sermón como era costume e falou de como por desleixados os seus 
fregueses ían todos  camiño de se condear. Engadiu logo que, ao ir tanto
 á misa como fixera, había de velos o Espírito Santo cando chegara e 
daquela el había pedirlle o seu perdón porque os seus fregueses, inda 
que eran un pouquechiño deixados, non eran malos cristiáns, por iso. E 
rematou pedíndolle a Deus Noso Señor que mandara baixar ao Espítito 
Santo.
    
 Ao deixar de falar o señor cura oíronse moitos ruídos polo faio da 
igrexa. Os fregueses, a tal ver, estarreceron. Pero o espírito Santo non
 baixo como todos agardaban. O señor cura, teimoso, seguiu padíndolle 
unha e outra vez ao Espírito Santo que baixara e, cando xa máis que 
falar, berraba apareceu no alto o sancristán que lle dixo con gran 
desconsolo:
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901