INAGURACIÓN DA AMPLIACIÓN
DO ALBERGUE DE PEREGRINOS
PONTEVEDRA
Logo de múltiples problemas.... xa temos a nosa tan ansiada ampliación do albergue, moito traballo e quebradeiros de cabeza pero tamén moitos apoios e ganas, levounos a inauguralo este 28 de Agosto do 2020.
Cun reducido grupo polo covid, contamos con autoridades, amigos e colaboradores.
Bendicido polo Dean da Catedral de Santiago unha emotiva e pequena celebración pola mañá.
Pola tarde fíxose unha homenaxe ao Manton de Manila e un desfile cos mesmos, tamén cun reducido grupo de asistentes.
Un día feliz e de satisfacción para os Amigos do Camiño Portugués a Santiago
Algo de historia
No Ano 93 nace a Asociación dos Amigos do Camiño Portugués a Santiago.
Os Amigos do Camiño Portugués inician o seu estudo, recuperación e señalización (1993) e presentan ao Xacobeo a súa proposta de incluílo dentro dos Camiños de Santiago
A Asociación realiza diversas peregrinacions e actividades, entre as que se atopa a visita ao Parlamento Europeo en 1997, recibidos por Enrique López Veiga para que sexa considerado como Itinerario Cultural Europeo, a resposta posterior é que a denominación de Itinerario Cultural é xenérica para todos os Camiños.
No Ano 1998, a peregrinación do actual Presidente español Mariano Rajoy, daquela ministro de Administracións Públicas polo Camiño Portugués, con gran difusión mediática , supuxo un gran lanzamento do Camiño Portugués
No ano 1999, constrúense os primeiros albergues, Padrón, Pontevedra, Redondela, Tui e o Camiño pasa a ter 12.000 peregrinos os que o converte no Camiño revelación.
Dende ese momento o Camiño segue medrando ata este ano en que alcanzaremos previsiblemente 32.000 peregrinos case a mesma cifra que no Ano Santo de 2010 (34.147), pero coa circunstancia de que no Ano Santo son moitos os peregrinos galegos que aproveitan para gañar as grazas xubilares, (grupos de igrexa, colexios, etc), mentres que este ano (2013) son peregrinos de todas as partes do mundo.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Texto: Pilar Amaro
XOAN ARCO DA VELLA