viernes, 11 de julio de 2025

CRUCEIRO DE MOGOS - TILVE - CERPONZÓNS - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DE MOGOS

TILVE

CERPONZÓNS

PONTEVEDRA

Tilve
     Tilve é un lugar da parroquia de Cerponzóns, no concello de Pontevedra, na comarca homónima. Segundo o IGE, en 2022 tiña 120 habitantes (47 homes e 73 mulleres). 

Cerponzóns
     San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en 2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.

     Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

     Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

     A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o encoro de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

     Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela.

     Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901