lunes, 29 de noviembre de 2021

TALLER DE FOTOGRAFIA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL "A FONTE " - GRACIÑAS

 TALLER DE FOTOGRAFIA

ASOCIACIÓN VECIÑAL A FONTE

GRACIÑAS

      Moitisimas grazas a todos/as por este día tan especial e permitirme gozar da vosa compañía, grazas de corazón.

    Agradecer  a  Asociación Veciñal A FONTE por organizar este taller e convidarme a contar as miñas historias e as miñas maneiras de facer.

    Como vos dicía nunca copiar de ninguén, ser vós mesmos e mostrar as cousas como as vedes, iso é arte o demais fotocopias.

     Grazas a todas e todos, xa sabedes cando queirades imos por outra....

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 26 de noviembre de 2021

CALVARIO DA MAGDALENA - A MAGDALENA - RIBADELOURO -TUI

 CALVARIO DA MAGDALENA

A MAGDALENA

RIBADELOURO

TUI

A Magdalena
     A Magdalena é un lugar da parroquia de Ribadelouro no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. 

    Tiña unha poboación censada de 55 habitantes no ano 2019 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 23 eran homes e 32 mulleres, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 54 veciños, descenso que é aínda maior respecto ao ano 2004, cando eran 60 veciños.

Patrimonio
      A Magdalena exerce de centro parroquial de Ribadelouro, tanto a nivel económico coma social.

     A consecuencia disto, neste barrio están situados algúns dos elementos patrimoniais máis relevantes da parroquia, comezando pola propia igrexa.

Lugares de Ribadelouro
      Barreiro, Bouzón, O Castro, A Costa, Cotarel, O Cruceiro, A Eira Vella, Espendelo, A Farrapa, A Fernal, A Fonte, A Gándara, A Magdalena, O Mallón, Marxiáns, O Monte, Mourentán, Oia, O Porto de Bouzas, San Simón, Vides

Ribadelouro
    Santa Comba de Ribadelouro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 946 habitantes (515 mulleres e 431 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 976 habitantes.

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 832 habitantes, sendo 381 homes e 451 mulleres.


Xeografía

     A parroquia está situada entre as ladeiras orientais da Serra do Galiñeiro e do Monte Aloia e o Río Louro. Alcanza a súa altura máxima nos 500 metros sobre o nivel do mar na Costa de Oia.

      Na zona montañosa da parroquia hai varias covas graníticas. 

      Entre elas está a Cova da Trapa, a segunda máis grande de Europa deste tipo, con máis dun quilómetro de galerías e cun río de 250 metros de longo.

Historia
     Nesta parroquia son numerosos os achados arqueolóxicos prehistóricos. A primeira referencia histórica á parroquia é dun documento do ano 1112, no que se cita a esta parroquia polo nome da súa santa titular, Santa Comba. A actual igrexa parroquial foi construída no ano 1827. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA SAN LOURENZO DE PEDRAZA - PEDRAZA - MONTERROSO

 CAPELA DE SAN LOURENZO

SANTA MARÍA DE PEDRAZA

MONTERROSO

Pedraza
     Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

      No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Patrimonio

      A igrexa de Santa María de Pedraza foi construída orixinalmente en estilo románico, conservando aínda algúns canzorros, pero foi modificada durante o século XIX. Destacan os seus dous retablos de estilo neoclásico.

      Na parroquia atópase a capela de San Lourenzo, o templo máis antigo do concello de Monterroso. 

       Foi construída no ano 1127 e aínda conserva trazos prerrománicos, como a súa porta principal.

      Nos séculos XVIII e XIX sufriu importantes reformas. Conserva varios canzorros da obra románica con figuras zoomórficas e antropomórficas.

Lugares de Pedraza
      Gontá de Arriba, Gundín, Pedraza, San Cristovo, San Lourenzo, Vilarfonxe


Parroquias de Monterroso     
     Arada (Santa María), Bidouredo (Santiago), O Bispo (Santa María), Cumbraos (San Martiño), Esporiz (San Miguel), Fente (San Martiño), Os Ferreiros (San Cibrao), Frameán (San Pedro), Fufín (San Martiño), Lavandelo (Santiago), Leborei (Santa María), Ligonde (Santiago), Lodoso (San Xoán), Marzán (Santa María), Milleirós (San Pedro), Novelúa (San Cristovo), Pedraza (Santa María), Penas (San Miguel), Pol (San Cibrao), Salgueiros (Santa María), San Breixo (San Salvador), Satrexas (Santa Eufemia), Sirgal (Santo André), Sucastro (Santa Mariña), Tarrío (Santa María), Valboa (San Salvador), Vilanova (San Pedro), Viloíde (San Cristovo)

Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.

      A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

      No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 25 de noviembre de 2021

MILLADOIRO DE RABIÑO - RABIÑO - CORTEGADA

MILLADOIRO DE REBIÑO

SAN BIEITO DE RABIÑO

CORTEGADA

 Rabiño
       San Bieito de Rabiño é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. 

     No ano 2007 tiña 176 habitantes, dos cales 85 eran homes e 91 eran mulleres. 

     Limita ao Norte con Meréns e Louredo, ao leste con Soutelo, ao sur coa Barca e ao oeste co Río Miño.

Historia
     En 1893 constituíronse as novas parroquias de Cortegada e Louredo, segregándose de Rabiño.

Patrimonio
    Muíños da levada, aproveitando o regato que nace en Louredo e baixa ata o Miño.
    Capela da Santa Mariña de Soutelo.
    Igrexa parroquial: templo barroco construída baixo o dominio do veciño mosteiro de Celanova. A igrexa é de planta de cruz latina en granito do país, cunha soa nave cuberta de arcos de medio punto ata desembocar no cruceiro, onde se forman tres bóvedas sostidas por nervaduras, de catro brazos nos laterais e dezaseis na bóveda da cabeza, onde o deseño debuxa un rombo dividido en catro espazos de lados convexos, as nervaduras están pintadas ou ben son de mármore veteado marrón; as capelas laterais ostentan como claves das súas nervaduras debuxos do sol e a lúa humanizados por un rostro, as claves das nervaduras da bóveda principal teñen decoración vexetal, unha cruz asturiana e unha lúa acompañada de dúas estrelas. Na sancristía a bóveda está sostida por catro nervaduras reunidas nunha clave que ten tallado un sombreiro eclesial de dúas puntas. Tanto as bóvedas laterais como a central conservan pintura.
    Milladoiro único na provincia de Ourense, de grande altura e con bóveda de nervios gardando un cruceiro.
    Peto de ánimas do Rabiño.
    Reitoral do Rabiño, edificio civil barroco.

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ACUEDUCTO DE SANTA CLARA - VILA DO CONDE

 ACUEDUCTO DE SANTA CLARA

VILA DO CONDE

       O Acueducto de Santa Clara foi deseñado para transportar auga ata o convento co mesmo nome. 

     Desde a sua fundación, aínda que estea situado xunto ao río Ave, o Monasterio de Santa Clara sempre tivo problemas de abastecemento de auga potable. 

     Ata a conclusión do acueducto, o abastecemento de auga era feito a través dunha noria, probablemente contemporánea ou anterior á edificación do Monasterio, fundado en 1318.

     Para resolver este problema, D. María de Meneses, abadesa entre 1626 e 1630, ordenou a construción dun acueducto que traería a auga desde unha fonte localizada na parroquia de Terroso, Póvoa de Varzim. 

      Debido ao mal cálculo da inclinación do acueducto, a súa construción foi interrompida pouco tempo despois, acabando en ruínas debido ao seu abandono.

     As obras renováronse o 19 de decembro de 1705, por orde da abadesa D. Bárbara Micaela de Ataíde, habendo sido concluídas o 20 de outubro de 1714, resolvendo así o problema de abastecemento de auga do convento.

    O feito foi celebrado con unha festa en honor de San Antonio, o patrono escollido para o acueducto, asi o manifesta unha imaxe do santo nun nicho xunto á fonte, en Terroso.

    Sendo o seu percorrido inicial subterráneo ata Beiriz, dende alí ata o interior do Convento a auga era conducida por medio dun total de 999 arcos de medio punto, do mesmo xeito que os acueductos romanos.

     Este número peculiar pode ser fantasioso, pero todos os estudos sobre deste monumento apuntan alomenos 907 arcos na súa totalidade e case todos os rexistros mostran un número moi próximo ao milleiro.

MAPA

 

Fuente: www.viladoconde.com

XOAN ARCO DA VELLA