domingo, 31 de julio de 2022

EXPO. PONTES DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE PORTO A SANTIAGO - ALBERGUE DE PEREGRINOS DE PONTEVEDRA

EXPOSICIÓN AS PONTES DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE PORTO A SANTIAGO

 ALBERGUE DE PEREGRINOS DE PONTEVEDRA

      Este mes de Agosto podese visitar no Albergue de Peregrinos de Pontevedra a Exposición AS PONTES DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE PORTO A SANTIAGO

     A Asociación Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago en colaboración coa Asociación Europea dos Camiños de Santiago organiza a Exposición As Pontes do Camiño Portugués de Porto a Santiago.

     O Camiño Portugués a Santiago naceu unido as Pontes da que os Peregrinos foron os grandes beneficiarios para atravesar os cursos de auga, sempre foi un gran problema, principalmente durante o inverno, cando estes sufrian de grandes enchentes.

     O Camiño Portugues especialmente no Norte de Portugal e no Sur de Galicia, foi unha das vias de comunicacion mais importantes entre estes dous pobos

     Foi dende seculos Via Militar no Imperio Romano, despois de moita importancia nas peregrinacións a Compostela e como via comercial.

     Na parte Portuguesa o camiño atravesa rios tan importantes como o Douro, Leca, Ave, Cávado, Lima, Coura ata e o Rio Miño que fai fronteira entre Galicia e Portugal.

    Na parte de Galicia "España" atravesa o Rio Louro, San Simón, Verdugo, Lérez, Umia, Ulla, Tinto  e o Sar.

    Todos eles xunto con alguns regatos recollense na Exposicion de Xoan Arco da Vella.

    Dada a importancia de esta ruta o longo da historia, que recorreron Santos, Reises, estadistas e  milleiros de persoas, foron os promotores da conservacion e da construcion de estas pasos e a reconstrucion e mantemento de outras, de orixen romano ou medievais.

     O Paso de grandes rios esixiu de grandes obras, como a Ponte de D. Luis ou a ponte internacional de Tui e a reconstrucion de outras de orixe romano como a de Ponte de Lima, Pontesampaio, Ponte do Burgo en Pontevedra ou a de Pontecesures..

      Mais tarde outras mais sinxelas pero non menos importantes foron contruidas para atravesar rios mais pequenos como a Ponte de Rubiaes, Zameiro, Bermaña ou o Sar sen esquencer a Ponte das Febres ou o Río Ullo.

    Todas esta fotos podense ver na Exposicion CAMINHOS, AS PONTES A COMPOSTELA de Xoan Arco da vella.

    Meu agradecemento a Asociación Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago en colaboración coa Asociación Europea dos Camilos de Santiago, e a Maria e Luz por poder facer e mostar este traballo, sen eles non seria posible....Gracias

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA





martes, 19 de julio de 2022

ACEÑA DA PONTE DE BARCELOS - RÍO CÁVADO - BARCELOS

 ACEÑA DA PONTE DE BARCELOS

RÍO CÁVADO

BARCELOS

 Río Cávado
      O río Cávado é un río do noroeste da península ibérica que discorre polos distritos de Vila Real e Braga, en Portugal.

Curso
      Nace na Serra do Larouco, a unha altitude de preto de 1.520 metros, pasa por Braga e Barcelos e desemboca no Océano Atlántico en Esposende, despois dun percorrido de 135 quilómetros.

Conca
      A conca hidrográfica do río Cávado (1.589 km²) limita ao norte coa conca hidrográfica do río Limia e ao leste e ao sur coas concas dos ríos Douro e Ave.

     O desaugadoiro anual na desembocadura do río é, de media, de 2.123 hm³.

     Estímase que a conca hidrográfica do río Cávado presenta unha capacidade total de almacenamento de recursos hídricos da orde dos 1000 hm³, en réxime regularizado, valor que corresponde ao case 30% do total existente en Portugal.

Os seus afluentes principais son :
    Río Cabril
    Río Caldo
    Río Homem
    Río Labriosca
    Río Rabagão
    Río Saltadouro
    Río Tamel

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 18 de julio de 2022

CAPELA DE SAN VICENZO - MARZÁN - O ROSAL

CAPELA DE SAN VICENZO 

MARZÁN

O ROSAL

     Pequena capela do século XIV aínda que foi reconstruída sobre unha máis antiga. Está feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular con teitume a dúas augas.

      Na súa fachada principal podemos ver un pórtico de entrada de recente Factura que dá paso a unha porta adintelada.

       No conxunto destaca unha cruz antefixa.
No pasado, a capela sufriu unha desafortunada ampliación en altura, aínda visible nas paredes laterais.

     Emprázase na Granxa do mesmo nome, que pertenceu ao Mosteiro de Santa María de Oia. Nos arredores da capela atópanse un conxunto de tumbas antropomorfas medievais.

Comarca do Baixo Miño
        A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui.

      Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.


Situación
        A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.  


MAPA

 

Fuente: Web de Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

PEDRAFITA DE RAMILO - SAN RAMÓN - BEALO - BOIRO

PEDRAFIRA DE RAMILO

SAN RAMÓN

BEALO

BOIRO

 San Ramón
     San Ramón é un lugar da parroquia de Bealo no concello coruñés de Boiro, na comarca do Barbanza.

Lugares de Bealo
     A Armada, O Aruxo, Bealo, Beluso, Bico de Mar, Boimazán, A Candosa, A Casilla, A Costa, Ermide, A Galea, A Igrexa, Landeiras, Loimar, O Monte, Os Muíños, A Ponte Beluso, San Ramón, O Valiño, Xián


Bealo
     San Pedro de Bealo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. 

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 735 habitantes (388 homes e 347 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 825 habitantes.


Parroquias de Boiro
     Abanqueiro (San Cristovo), Bealo (San Pedro), Boiro (Santa Baia), Castro (Santa María), Cespón (San Vicenzo), Cures (Santo André), Lampón (Santiago), Macenda (San Xoán)

Comarca do Barbanza
     A comarca do Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. Localízase no suroeste da provincia da Coruña. 


     Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

sábado, 16 de julio de 2022

LENDAS DO CASTELO DA LÚA - RIANXO

LENDAS DO CASTELO DA LÚA

 RIANXO

 O Castelo da Lúa
     As ruínas do castelo medieval chamado Castelo da Lúa están no lugar d’O Pazo, parroquia de Taragoña, concello de Rianxo (A Coruña), xunto á Praia da Torre ou A Salgueiriña, na mesma desembocadura do río Te.

Lendas: Versión 1
      Xa hai bastantes anos un mozo moi galán de Rianxo e unha moza de Taragoña víanse tódalas noites. Para poderense ver tiñan un pasadizo que comunicaba as dúas beiras do río Te.
      Os seus pais non estaban de acordo coa unión destes dous rapaces; por iso, un día pola noite, cando os dous mozos se ían ver polo pasadizo, cada parella de pais tapoou a saída maila entrada, quedando así atrapados os namorados.
     Dende aquela hai un pozo moi profundo no desembocadura e mais no nacemento do río, un deles aínda non se sabe hoxe canto ten de profundidade.
As ruínas do castelo podense ver aínda hoxe, pola banda de Rianxo.

Lendas: Versión 2
     Ao parecer, o ano pasado un home ao nadar cerca diso viu uns relampos de 'frechas ardendo', e púxose a investigar. Enpezou a buscar documentos e descubriu que:
     Nese castelo vivía unha fermosa muller que estaba namorada dun home pobre. Un día pola noite quixeron marchar nunha 'patela', pero o señor feudal mandou que os mataran a frechas. Deronlle ó mozo, de tal forma que a rapaza, de tan desesperada que estaba, arrimou a embarcación a unha pedra onde morreron. Alí estiveron 40 días, e ninguén os puido axudar.Esa pedra chámase a “Pedra dos namorados”.

MAPA

 Fuente: Web de Galicia Encantada

XOAN ARCO DA VELLA

APEADEIRO DE RAIROS - RIBAS DE SIL

APEADEIRO DE RAIROS

RAIROS

RIBAS DE SIL

Rairos
     Santa Lucía de Rairos é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga.

      Segundo o IGE en 2021 tiña 33 habitantes (14 homes e 19 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 46 habitantes.

Ribas de Sil
     Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.

     Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes. O seu xentilicio  é «ribasilense».

Xeografía
     O concello de Ribas de Sil forma unha estreita lingua de terra entre o río Sil (que o separa de Quiroga) e a serra da Moá, que separa as provincias de Lugo e Ourense.

      A súa capital, San Clodio, sitúase á beira do río Sil, fronte a Quiroga.

     Limita cos concellos lugueses de Monforte de Lemos ao oeste, A Pobra do Brollón ao noroeste, e Quiroga ao norte e leste, e cos concellos ourensáns de Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives ao sur.

     Hai restos de presenza humana no Paleolítico e Mesolítico. Daquela aproveitábanse os coios de seixo e cuarcitas formados polos aluvións do río. Tamén se fabricaban machadas de pedra pulimentada. Aínda que sen catalogar, hai referenciadas varias mámoas do Neolítico. Consérvase algún menhir e un crómlech. Da Idade de Bronce consérvanse varias machadas .

      Preto das explotacións mineiras de ouro utilizadas polos romanos, consérvanse varios castros da Idade de Ferro, como o castro de Abaixo, o de Remeite, ou Os Castros.

Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Parroquias de Ribas de Sil     
     Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA