jueves, 7 de julio de 2022

CAPELA DE SAN XOÁN - A ERMIDA - ARAÑO - RIANXO

 CAPELA DE SAN XOÁN

A ERMIDA

ARAÑO

RIANXO

San Xoán da Ermida
     No lugar da Ermida, en Araño, atópase esta fermosa ermida de cachotería do século XVII.

     Preto do lugar atópase o cruceiro de San Xoán e na segunda quincena de xuño celébrase a romaría de San Xoán.

A Ermida
     A Ermida é un lugar da parroquia do Araño no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 39 habitantes (19 homes e 20 mulleres).

O Araño
     Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

Xeografía
     A parroquia está cruzada polo río Té e mailos regatos de Batán e do Muíño do Conde. O pico Muralla, con 678 metros de altitude, é o punto máis alto do seu termo, seguido polo Castro Barbudo, con 327 metros.

Patrimonio
     Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de alchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII.

     Tamén é salientable o Pazo dos Calotes, actualmente en restauración.

     Próximo á igrexa atópase o castro de Araño, no que se acharon muíños de man e restos de cerámica.


Lugares do Araño

     O Agro da Moa, O Batán, Buía, Campelo, Cantalarrana, A Capela, Carballal, A Casilla, Cerqueiras, Contrés, A Ermida, A Ferrería, Foxacos, Os Lemos, As Miráns, Outeiro, A Pontenova, Pousada, O Rabado, O Toural, Traba, A Varela, O Vilar, Os Xens, Os Xufreus  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901