IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LAMAS
LAMAS
SAN CRISTOVO DE CEA
Lamas
Lamas é un lugar da parroquia de Lamas, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.
Segundo o IGE, en 2023 tiña 46 habitantes (24 homes e 22 mulleres).
Toponimia
O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.
Lugares de Lamas
Lamas, San Martiño de Lamas, Santrós
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.
Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».
Xeografía
O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Poboación
No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA