IGREXA DE SAN XOÁN
VIVEIRO
CELANOVA
Viveiro
San Xoán de Viveiro é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.
No ano 2007 tiña 160 habitantes (71 homes e 89 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento de 9 habitantes en relación ao ano 2000.
Lugares de Viveiro
Fontelo, Gueral, O Outeiro, Viveiro
Comarca da Terra de Celanova
A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.
A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
Celanova
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción') é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.
Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio é «celanovés».
Situación
O concello de Celanova está situado no oeste da provincia de Ourense, ao sur da capital da provincia.
Limita ó norte cos concellos de Cartelle e A Merca, ó sur con Verea, ó leste coa Bola, e ó oeste con Ramirás e Quintela de Leirado. O concello, de 67,3 km², ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.
Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova, está comunicado coa capital ourensá pola N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal. Ademais tamén se comunica con Xinzo de Limia pola OU-531 atravesando o Monte do Furriolo.
Parroquias de Celanova
Acevedo do Río (San Xurxo), Alcázar de Milmanda (Santa María), Amoroce (Santiago), Ansemil (Santa María), Barxa (San Tomé), Bobadela (Santa María), Cañón (San Lourenzo), Casardeita (Santiago), Castromao (Santa María), Celanova (San Rosendo), Fechas (Santa María), Freixo (Santa Cristina), Milmanda (Santa Eufemia), Mourillós (San Pedro), Orga (San Miguel), Rabal (San Salvador), A Veiga (San Paio), Vilanova dos Infantes (San Salvador), Viveiro (San Xoán)
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA