sábado, 6 de marzo de 2021

MUIÑO DE LENCO DE ARRIBA - RÍO LOIRA - SEIXO - MARÍN

MUIÑO DE LENCO DE ARRIBA

RÍO LOIRA

SEIXO

MARÍN

 Seixo
     Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2019 tiña 1888 habitantes.

Xeografía
     Ten un relevo cunha vertente costeira con fachada sedimentaria e acantilada. A metade sur está ocupada polo arco areoso da praia de Aguete e apoiada no seu estremo occidental na fachada na punta do Chirleu, onde se atopan as instalacións portuarias do club náutico.

     O resto da liña de costa repártese entre pequenas calas de depósitos areosos con tramos de acantilados baixos de perfil aserrados pola erosión nos materiais esquistosos.

     A prolongación continental establecese a través dunha ladeira regular de pendente suave a moderada, cuxa cabeceira se sitúa no seu punto culminante por baixo dos 200 msnm sen relevos especialmente significativos. Presenta depósitos de area cuaternarios.

Usos do chan
     Destaca o uso do chan turístico-residencial, sobre todo nas zonas mais achegadas a costa. Séguense mantendo os cultivos tradicionais de autoconsumo, tales como pataca, hortalizas, e en menor medida millo.

Etimoloxía
     Seixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra'). Polo que se chama Seixo a aqueles lugares enclavados en zonas pedregosas ou con algunha gran pedra destacada.


Paraxes naturais
     Seixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. No ano 2019 ambos areais contaron con Bandeira Azul.

      A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sofre o embate constante das ondas e ao que se achegan os pescadores da zona a faenar.

     Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.


Edificacións de interese
      Entre as diferentes construción arquitectónicas que podemos atopar, destacan os Muíños que se atopan diseminados ao longo do Río Loira, Senda dos Muíños. Diferentes lavadoiros, entre o que destacan o Lavadoiro de Loira e o Lavadoiro de Soaxe

     O Pazo do Chirleu foi construído polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza preto do actual porto deportivo de Aguete.


Festas e celebracións

    San Brais (3 Febreiro)
    Entroido (Desfile da Chirica) Organizado polo Grupo Cultural Ronsel (Febreiro ou marzo)
    Tradición da Colocación das Xestas (30 Abril)
    Festividade dos Maios (1 Maio)
    Luminarias de San Xoán (23 Xuño)
    Luminarias de San Pedro (9 Xuño)
    Festas da Nosa Señora do Carme (16 Xulio)

Lugares de Seixo
     Aguete, Bexe, A Brea, O Castro, O Con, Currás, Loira, Montecelo, Seixo, Soaxe, A Torre 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901