CAPELA DE SAN XURXO
RECAREO
FOXADO
CURTIS
Recareo
Recareo é un lugar da parroquia de Foxado no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres).
Foxado
Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.
Toponimia
O topónimo «Foxado» faría referencia ás trampas ou foxos para cazaren os lobos que noutrora habitaban na parroquia.
Xeografía
A parroquia está bañada polo río Mandeo. Ao seu paso por Curtis recibe as augas do río Portocastro, o Casteirón, o Ramalleira e o Deo, todos eles troiteiros.
No último tramo o Mandeo esta represado pola Central Eléctrica da Castellana. Neste pequeno encoro pódense observar varias especies de anátidos, como o lavanco. Desemboca nel o río de Portabenza, que após nacer na parroquia fai de límite co concello de Aranga.
Historia
Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Foxado perdeu o lugar de Samel, que pasou a formar parte da nova parroquia de Vilarraso, xunto con outros lugares procedentes de Muniferral, Aranga e Curtis.
No entanto, a parroquia civil non sofreu perda ningunha e seguiu a ter os mesmos límites xa que, administrativamente, Vilarraso só se formou cos lugares das parroquias pertencentes ao concello de Aranga.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA