lunes, 13 de febrero de 2023

IGREXA DE SAN ROQUE DE XABRIÑO - FISTEUS - CURTIS

IGREXA DE SAN ROQUE DE XABRIÑO

FISTEUS

CURTIS

 Fisteus
     Santa María de Fisteus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. 

     Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 525 habitantes (273 homes e 252 mulleres) distribuídos en 51 entidades de poboación en 45 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes.

     Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Xeografía
     Pola parroquia discorre o río Mendo con pequenos afluentes que, no século XVIII, movían uns vinte e catro muíños fariñeiros. Hoxe a maior parte destes muíños desapareceron ou están en estado de abandono.

Historia
     A parroquia chegou a ter dous coutos para a administración de xustiza: o de Fisteus e o das Merelas. O couto de Fisteus foi de Señorío de Bernardino Freire Moscoso; e o couto das Merelas era de Señorío do Mosteiro de Sobrado.

     Coa aprobación da Constitución de Cádiz, o Antigo Réxime foi abolido durante o período entre 1812 e 1814, momento no cal Fisteus constituíu concello de seu ao se conformaren os primeiros concellos constitucionais. 

     Este concello de Fisteus volveu estar vixente no trienio liberal, de 1820 a 1823, cando os concellos foron restabelecidos. Igual ca Curtis, que tamén conformou concello propio, estaba adscrito ao partido xudicial de Melide.

     Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Fisteus perdeu os lugares de Campos e A Lagoa, que pasaron a formar parte da parroquia de Rodeiro (Oza-Cesuras).

     O 10 de outubro de 1928 constituíuse a nova parroquia de Santa María de Lurdes, segregándose os seus lugares de Fisteus. Eclesiasticamente obtivo a total independencia após un decreto do arcebispado de Santiago de Compostela do 1 de febreiro de 1929.

     En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, sendo incorporados á parroquia de Curtis os lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto, igual có lugar de Penas do Porto da parroquia de Vilarraso (Aranga).

Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Fisteus é do século XIII e a igrexa de San Roque de Xabriño foi construída no século XVIII, xunto coa súa fonte de tres canos.

     A casa brasonada de Balter co seu escudo en bo estado de conservación, e o antigo cárcere construído en 1791.

Patrimonio arqueolóxico
    Castro de Balter
    Castro de Esmorís
    Castro de Estremil
    Castro de Fisteus
    Castro das Merelas
    Castro do Porto
    Castro da Roda de Dentro, Castro da Roda, Castro dos Godulfes ou A Roda dos Godulfes

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901