jueves, 28 de mayo de 2020

PAZO QUINTEIRO DA CRUZ - SAN FINS - RIBADUMIA

 PAZO QUINTEIRO DA CRUZ
SAN FINS
RIBADUMIA


Pazo Quinteiro da Cruz
       O pazo Quinteiro dá Cruz está situado en pleno val do Salnés, concretamente na parroquia de Lois, concello de Ribadumia. 


     Trátase dun edificio do s. XVIII, de estilo neoclásico. Nos exteriores do pazo destaca o alpendre porticado cunha antiga lareira no seu interior, dous hórreos e un cruceiro do século XVIII, pombal, capela e fontes ornamentais. 


    O elemento máis destacado do pazo é o seu xardín, repleto de camelias e especies exóticas. 


    O pazo tamén ten unha adega propia na que elaboran o seu viño albariño 


Lois
     San Fins de Lois é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia na comarca do Salnés. 



     Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 466 habitantes (237 homes e 229 mulleres), 31 menos ca en 2010 e sete menos ca en 2005. Ten dezaoito entidades de poboación.

Lugares de Lois
     A Bouciña, A Bouza, A Cruz, A Gándara, A Medoña, A Picoña, A Puxeira, A Seara, Aldea do Monte, Caxide, Lede, O Casal, O Couto, Os Muíños, Portarís, Remirón, Trastada, Xesteira


Ribadumia

     Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.



Xeografía
     En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. 



     O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. 


     Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas.


Patrimonio
Pazos
     O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.
O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.
      O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.
      O pazo Quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira conta con fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.



Igrexas
     A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.
     A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.
     A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.
     A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.
    A igrexa de Santa Baia de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.
     A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.



Festas
     Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.

   
Parroquias de Ribadumia

     Barrantes (Santo André), Besomaño (Santa María), Leiro (San Xoán), Lois (San Fins), Ribadumia (Santa Baia), Sisán (San Clemenzo) 



Comarca do Salnés
     A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.



     Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 27 de mayo de 2020

CAPELA DE SAN XOAN DE LAXOSO - LAXOSO - PONTE CALDELAS

CAPELA DE SAN XOAN DE LAXOSO
LAXOSO DE ARRIBA
PONTE CALDELAS


Laxoso de Arriba
   Laxoso de Arriba é unha localidade que pertence a parroquia de Santa Eulalia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas. 



     Segundo o IGE en 2009 tiña 96 habitantes (54 mulleres e 42 homes).


     Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.


     O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.


Lugares de Ponte Caldelas
     Caldelas Ponte Caldelas, Laxoso de Arriba, Laxoso de Abaixo, Cuñas, Pazos, Gradín, Parada, Paradela, Sorreira



Santa Eulalia de Ponte Caldelas
     Santa Eulalia de Ponte Caldelas é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.



     Segundo o IGE en 2017 tiña 2167 habitantes (1139 mulleres e 1028 homes), 185 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.


Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.



Patrimonio
      No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.



     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.



     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben



    Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.



     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.



     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.



Censo total 2015    
     5.540 habitantes

 

Parroquias de Ponte Caldelas

      Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño) 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 24 de mayo de 2020

CAPELA DO SAGRADO CORAZÓN - O CASTELO - PONTE CALDELAS

CAPELA DO SAGRADO CORAZÓN
O CASTELO
PONTE CALDELAS


Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.


Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.



     Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.


     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.


     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.


     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.


Clima
     O clima de Ponte Caldelas é un clima de transición que posúe algún trazo do clima do interior galego. As temperaturas no inverno son frías (cunha media de 7 °C, xeadas e neves moi habituais nos cumes e menos ocasionais aínda que presentes nos vales). No verán, o termómetro mantense morno cunha media duns 18 °C. As precipitacións son moi notorias achegándose aos 1.950 mm anuais. Entre novembro e marzo hai chuvias intensas, mais a seca estival propia das Rías Baixas queda moi atenuada. A elevada pluviosidade é por causa da posición frontal da serra fronte ao avance das borrascas atlánticas.



Censo total 2015     

     5.540 habitantes


Historia
     Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos os que a atribúen a unha fundación romana, e aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio.

 


     No ano 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, a cal perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. Posteriormente no século XIX recibiu o tratamento de "Vila".


     Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. No pasado, o agora término de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra metade á de Tui (arciprestado de Soutomaior).


     No 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.


Cultura
     Probablemente, o municipio recibiu o seu nome pola antiga ponte sobre o río Verdugo, combinado co dos seus mananciais termais sulfuroso-sódicas ("caldas", do latín calida, calidae, "quente"). Aínda así, unha parte da xente do concello distingue entre Caldelas (núcleo principal) e Ponte Caldelas (municipio).



Patrimonio
      No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.



     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.


     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben


    Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.


     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.


     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.


Parroquias de Ponte Caldelas    
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA