martes, 5 de mayo de 2020

BALNEARIO DE SOUSAS - VERÍN

 BALNEARIO DE SOUSAS
VERÍN
OURENSE


Balneario de Sousas (Verín)
Tipos de augas
     Dispón de augas bicarbonatadas-sódicas, litínicas e fluoradas, que emanan a unha temperatura de 19 °C.


Indicacións terapéuticas
    problemas de ril
    hiperclorhidria
    gastralxia
    úlcera gástrica
    enterite crónica
    ictericia hepatóxina
    catarro vexical crónico
    cálculos incipientes
    prostatite crónica



Programas
    bebida (o servizo de toma de auga é gratuíto)



Historia
     Declarada de utilidade pública en 1859. 



     Hoxe en día, se se quere desfrutar de estas augas con propiedades mineiro medicinais, hai que desprazarse ao antigo quiosco que se conserva, en cuxo interior está a fonte á que se acode para realizar curas de auga, en tomas progresivas, durante quince días.



     Na actualidade as  augas que se comercializan como auga de bebida envasada, fano coa clasificación de Auga Mineral Natural.


Verín
     Verín atópase no corazón do fértil val de Monterrei, á beira do río Támega, no extremo máis meridional do oriente galego.



     A vila, que xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval, é paso obrigado cara a Portugal e Castela e tradicional lugar de descanso pola calidade das súas augas medicinais.



     É, ademais, zona de paso para os peregrinos que acoden a Compostela, xa que polas súas rúas transcorre a transitada Vía da Prata.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901