MUIÑOS DO LANDRES
RÍO LANDRES
SALCEDA DE CASELAS
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo.
A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio é «salcedán» ou «caseleiro».
Localización
O territorio organízase en torno ao río Caselas, afluente do Miño, e está flanqueado polas depresións dos ríos Louro e Tea. A parte setentrional, na que remata a Dorsal Galega, é a de maiores alturas, cos montes de San Cibrán (430 m), Chan de Mielo (402 m), O Curuncho (400 m), monte Faro (396 m). No sur atópanse socalcos aluviais, de entre as que destacan as Gándaras de Budiño. Predominan as rochas metamórficas, que deron orixe a unha das principais actividades económicas, a explotación do granito.
Goza dun clima lene con temperaturas medias de 14 °C (8° de media no inverno e 20 °C no verán). As xeadas son infrecuentes e chove bastante no inverno, se ben os veráns son secos.
A excepción dalgúns soutos e carballeiras pequenas, a vexetación primitiva desapareceu e predominan os piñeiros e eucaliptos. O 30% das terras dedícanse á agricultura, que produce millo, patacas, hortalizas e uvas; nas zonas de ribeira hai prados.
Demografía
Censo total 8873 (2015)
Historia
O nome de Salceda débese ao desaparecido mosteiro beneditino de Santa María de Saliceta, arredor do cal se creou a capital municipal actual. Este mosteiro fundouno no ano 914 a raíña Dona Aragonta, esposa do rei de Galiza Ordoño II e parenta de San Rosendo. Era dúplice, de monxes e monxas, e a el se retirou a vivir a súa creadora ao ser repudiada polo seu marido. Os terreos que circundan a igrexa do convento, reconstruída en 1769, denomínanse, precisamente, "do mosteiro" e a súa porta norte "da Raíña".
O Castelo de Toroña, en Entenza, xogou un papel importante nas guerras contra Portugal, aínda que del hoxe só fiquen algúns restos, pois foi derrubado no século XV por Isabel a Católica.
En Salceda de Caselas naceu Santo Toribio de Toroña, que chegou a ser bispo de Astorga.
Durante a Guerra de Independencia española, as tropas españolas ao mando do Abade de Couto, Mauricio Troncoso de Lira, asentáronse na ermida da Ascensión antes de partir do monte das Penizas, en Soutelo, baixo o mando de Felipe Concha para reconquistar Tui.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Salceda, pero nese ano pasou a ser chamado Salceda de Caselas para distinguilo doutros concellos de España (La Salceda, en Segovia, que desapareceu despois de 1960 ao integrarse en Torre Val de San Pedro).
Patrimonio natural
No ano 2008 tiña sete montes veciñais en mancomún, que ocupaban unha superficie de 931,57 ha.
Economía
O concello de Salceda de Caselas é dos que non minguaron de poboación nas últimas décadas. A agricultura, a gandería e a explotación forestal, afectadas polo minifundismo, foron sendo desprazadas pola industria, centrada no polígono industrial de O Cerquido, que continúa o eixo Vigo-Porriño.
Moitos veciños van traballar a Vigo ou ás empresas situadas en Porriño diariamente. As industrias máis importantes están relacionadas coa transformación do granito, os accesorios para a industria da automoción, os plásticos, as construcións metálicas e a cerámica.
Cultura
No concello érguense numerosos pazos e casas señoriais. Destaca a casa grande da Picoña, que data de 1543; foi propiedade dos señores de Troncoso de Lira e Soutomaior. Outros son o pazo de Pegullal, o pazo de Aballe, o pazo da Corisca, a casa da Marquesa de Atalaia e o pazo de Budiño.
Pódense ver tres cruceiros notábeis: o cruceiro da Esfarrapada, o do Cristo e outro en Entenza.
As Penas de San Cibrán e as Gándaras de Budiño son dous espazos naturais destacados.
A festa de seu que acada maior sona é a Festa dos callos.
O Concello conta cunha gran tradición musical, que na actualidade se reflicte na Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e na Escola de Música de Salceda de Caselas.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901