martes, 27 de julio de 2021

ESTAREI NOS DIRECTOS DE MERCE ALEGRIA - 7 DE AGOSTO

 ESTAREI NOS DIRECTOS

CON MERCE ALEGRIA

7 DE AGOSTO

      Estou moi agradecido a Merce Alegria que me invitou a participar nos seus directos contando algo das miñas vivencias e sobre todo contar cousas da nosa Galicia.

      Sera o Sabado dia 7 ás 17.30h na súa canle de Facebook "Merce Alegria" sei que en compañia de Merce sera unha tarde maravillosa e espero contar coa vosa compañia.

       Moitas grazas a todas e todos e por suposto a Merce.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

VISITA ROTEIRO CULTURAL A TABOADELO - PONTE CALDELAS - 18 XULLO

 VISITA ROTEIRO CULTURAL

TABOADELO

PONTE CALDELAS

18 DE XULLO

     O día 18 de xuño participamos na visita - roteiro cultural pola parroquia de Taboadelo en Ponte Caldelas, onde disfrutamos de lugares increibles tanto dende o punto de vista ecoloxico como cultural e deixounos sorprendido o enorme patrimonio etnográfico  e cultural de esta parroquia.

     Estamos moi agradecidos polo convite e animamos as xentes de Taboadelo a seguir con este tipo de xornadas que de seguro faran que estes tesouros chegen a moitas xentes.

      Agradecer a Fernando Orge  que nos guiou por camiños xa esquencidos que unian as parroquias de A Insua e Taboadelo, camiños xa descritos por Frai Martin Sarmiento entre outros e que atesouran  elementos como muiños, pasales no entorno do Verdugo.

      O que realmente me sorprendeu foron os fermosos cruceiros que garda a parroquia e que merecen ser posto en valor, dada o sua "categoría"

      Tamen na xuntanza se falou do patrimonio inmaterial da parroquia da sua historia e tradicions, e como tiña que ser tamen das actuacions que tería que ter posto xa en marcha os responsables políticos para coidar, e difundir os valores deste lugar.

     Gracias a todos e todas por o ben que nos fixeron sentir nesta xornada.

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 26 de julio de 2021

MUIÑO DO POBO - O POBO - REGO DO POBO - TOMEZA

 MUIÑO DO POBO

O POBO

REGO DO POBO

TOMEZA

 Tomeza
     San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. 

     Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), 104 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Xeografía
     Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu.

     A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.


Historia
     No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e Romarías
     A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

     As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.

     A parroquia é terra de canteiros. O mestre Daniel, célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra.

      O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un dos homenaxeados foi Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.

Lugares de Tomeza
     O Alcouce, A Carballa, O Casal do Río, Lusquiños, O Marco, O Pobo, O Pombal, Pumariño, San Pedro, A Valadiña 
 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


 

domingo, 25 de julio de 2021

FERVENZA E SALTOS DE FIRVADO - RÍO XENDE E REGO DE TELLEIRO- COIRO - MAZARICOS

FERVENZAS E SALTOS DE FIRVADO

RÍO XENDE E REGO DE TELLEIRO

FIRVADO

COIRO

MAZARICOS

Coiro
     Santa María de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 399 habitantes (190 homes e 209 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 710 habitantes.

Lugares de Coiro
     As Bouzas, Coiro, Corrubedo, Fírvado, Fornís, Gosende, Loureiro, A Manda, As Paxareiras, Recarea, San Cristovo, Suevos, Vilar de Coiro, Vilar de Costa, Xestoso

Mazaricos
     Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 3.885 habitantes. O seu xentilicio  é «mazaricán».

Situación
     Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el. Antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría.

     A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo).

      Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia.

     O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.

      A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Cultura
      Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos.

     A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).

Parroquias de Mazaricos     
     Alborés (San Mamede), Antes (San Cosme), Arcos (Santiago), Beba (San Xián), Chacín (Santa Baia), Coiro (Santa María), Colúns (San Salvador), Corzón (San Cristovo), As Maroñas (Santa Mariña), Mazaricos (San Xoán), San Fins de Eirón (San Fins), Os Vaos (San Tomé)

Comarca do Xallas
     A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.

     Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra.O seu xentilicio é xalleiro/xalleira. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO EN FIRVADO - FIRVADO - COIRO - RÍO XENDE - MAZARICOS

 MUIÑO EN FIRVADO 

FIRVADO

COIRO

RÍO XENDE

MAZARICOS


Coiro
     Santa María de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 399 habitantes (190 homes e 209 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 710 habitantes.

Lugares de Coiro
     As Bouzas, Coiro, Corrubedo, Fírvado, Fornís, Gosende, Loureiro, A Manda, As Paxareiras, Recarea, San Cristovo, Suevos, Vilar de Coiro, Vilar de Costa, Xestoso

Mazaricos
     Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 3.885 habitantes. O seu xentilicio  é «mazaricán».

Situación
     Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el. Antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría.

     A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo). 

      Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia.

     O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.


      A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Cultura
      Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos.

     A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).

Parroquias de Mazaricos     
     Alborés (San Mamede), Antes (San Cosme), Arcos (Santiago), Beba (San Xián), Chacín (Santa Baia), Coiro (Santa María), Colúns (San Salvador), Corzón (San Cristovo), As Maroñas (Santa Mariña), Mazaricos (San Xoán), San Fins de Eirón (San Fins), Os Vaos (San Tomé)


Comarca do Xallas
     A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.

     Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA