sábado, 25 de julio de 2020

MILLADOIRO "ONDE MORREU O HOME - MONTE DO SEIXO

ONDE MORREU O HOME
MILLADOIRO
MONTE DO SEIXO


Onde morreu o home
     Onde morreu ou home e unha acumulacion de pedras "milladoiro" que segun a tradicion popular fala dun monxe que morreu no lugar, lugar que se atopa a beira dun antigo camiño que atrabesa a Serra do Seixo camiño da Barcia do Seixo - A Lama.


Milladoiros   
     A orixe destes pequenos ou grandes montículos de pedra, formados por pedras depositadas neles polos viaxeiros dos camiños, pérdese no tempo. Estendéronse por grandes vías de distintas civilizacións. 


     A súa interpretación varía segundo a contorna no que se sitúen. Pero, en xeral, xurdiron en lugares dunha singular forza simbólica, tanto polas súas grandes dificultades –portos de montaña– como pola súa especial significación espiritual –coñécense varios situados en outeiros onde os peregrinos divisaban por vez primeira o destino sagrado-. 


     A súa interpretación precristiana tiña que ver co sentido trascendente de permanencia e protección, algo concentrado na pequena e indestructible pedra que alí se depositaba. 


     Trala cristianización os milladoiros culmináronse con frecuencia cunha cruz e, ao ritual da pedra, engadíuselle o da oración e a acción de grazas polo reto alcanzado (humillatorium).


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas. 


     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.


     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.


     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despoís gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: WebTerras de Pontevedra
El Corrego Gallego
XOAN ARCO DA VELLA

A PEDRA QUE FALA - VENTOSELA - REDONDELA

A PEDRA QUE FALA
VENTOSELA
REDONDELA


A Pedra que Fala
     Considerada como máxica en Ventosela, a súa forma e o seu relevo permiten introducirse dentro dela e falar no seu interior, escoitando as múltiples reverberacións que produce a nosa voz. 


     Mesmo estando preto dela é capaz de reproducir as conversas de quen fala ao seu lado.


 
     É certo que nesta zona de Ventosela , e en moitas outras de Galicia e Europa, existen grandes caládevos, ou pedras con formas, e de orixe totalmente natural.



     Denomínanse en muchs ocasións Covas dás Mouras, no caso da Pedra que Fala tamen e coñecida como a Pedra das Campas.


 
     Con todo, é moito máis fermoso imaxinar que estamos diante da obra do diaño ou dalgún trasno burlón, que segundo contan en Ventosela, aínda está esperando por homes capaces de desenterrar os seus misterios.



      A orixe deste tipo de formacións baséase na acción biogeoquímica do auga sobre a pedra granítica, e é típico de Galicia e o norte de Italia.


 
San Martiño de Ventosela

     San Martiño de Ventosela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. 



     Segundo o IGE en 2014 tiña 750 habitantes (377 homes e 373 mulleres). 


    Están distribuídos en dúas entidades de poboación (355 en Castiñeira e 395 no Vilar do Mato). 


     Ten unha superficie de 8 km².

 
Barrios e Lugares
     A parroquia de San Martiño agrupa dous barrios claramente diferenciados, O Vilar do Mato, cara a ría de Vigo, e Castiñeira cunha situación netamente interior. Cada entidade ocupa as ladeiras do monte. 



     O punto de unión social e xeográfico entre ámbolos núcleos é o lugar elevado onde se atopa a igrexa parroquial de San Martiño, o camposanto e a escola de párvulos que aínda segue en funcionamento.


     Vilar do Mato é unha agrupación de varios lugares ben diferenciados, artellados ladeira abaixo en varios socalcos. As casas están maiormente situadas unha tras doutro ao longo da estrada que une o lugar a Pantalla (cruzamento coa estrada N-550) e a estrada cara Castiñeira e a veciña parroquia de Reboreda. 


     Os principais sub-núcleos son O Eido de Arriba, o Cotiño, Fontecova e o Eido de María.


     Castiñeira ten unha disposición semellante con varios lugares (como A Carosa) estruturados arredor dunha estrada que remata no monte.


Lugares de Ventosela

     Castiñeira, O Vilar do Mato



Parroquias de Redondela
     Cabeiro (San Xoán), Cedeira (Santo André), Cesantes (San Pedro), Chapela (San Fausto), Negros (Santo Estevo), Quintela (San Mamede), Reboreda (Santa María), Redondela (Santiago), Saxamonde (San Román), Trasmañó (San Vicente), Ventosela (San Martiño), Vilar de Infesta (San Martiño), O Viso (Santa María) 



     Meu agradecemento a Yoli, Mari e Luis por o tempo que me prestaron, sen a sua axuda seria imposible facer este traballo. GRACIAS

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 24 de julio de 2020

CRUZ DE ERMELO - ERMELO - BUEU

CRUZ DE ERMELO
ERMELO
BUEU


     No punto máis alto dos Montes de Ermelo levántase unha Cruz de Santiago de máis de sete metros de altura, foi construída en 1950, por o canteiro Cesáreo Sanmartín, a petición do alcalde Xosé María Massó García. Aproveitando a visita do cardeal Quiroga en 1954 foi colocada no lugar. 


      Nun principio foi pensada para albergar un faro e nela pódense apreciar as canles nos seus brazos. A súa forma de espada de Santiago foi montada por partes incrustadas nun ferro sobre un pedestal natural formado por unha gran roca. 


     No medio da cruz existe unha cuncha de vieira e diante un pequeno altar que se utiliza na festa celebrada aquí o 25 de xullo con motivo da celebración de Santiago Apóstolo. Próximo á cruz existe un área recreativa con mesas, unha fonte e unha gran explanada para a realización dos actos litúrgicos.


Ermelo
      Santiago de Ermelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bueu. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes.


Patrimonio

     Na parroquia atopábase o mosteiro de Santiago de Ermelo. Na igrexa parroquial consérvase unha lápida cunha inscrición, na actualidade partida en dúas pezas, colocadas sobre repisas metálicas aos lados da capela maior. O texto da inscrición menciona a reedificación do templo en 1104.



     O texto foi estudado por Miguel Romaní Martínez (da USC), Pablo Otero Piñeyro Maseda e Ángeles Alvariño (do Instituto Padre Sarmiento do CSIC), e é unha das tres únicas inscricións en pedra referentes ao arcebispo de Compostela Diego Xelmírez, xunto cunha en Padrón, datada en 1133 (que non o cita explicitamente) e outra en Alba (Pontevedra), onde se le: «...Didacus Compostellanus Eps...» («Diego, bispo compostelán...»), malia que está moi gastada.


     O pai Sarmiento xa se refire á lápida en 1745, xa daquela en dúas pedras separadas, pero non estudada a fondo por falta de tempo e as dificultadas á hora de examinala.


     O texto, segundo os investigadores, podería ser traducido como: «Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz. Reinando en Toledo o Emperador Afonso, [sendo] Raimundo [de Borgoña, conde] en terras de Galicia; [sendo] bispo [de Compostela] Diego Segundo [Xelmírez]. Era 1142 [ano 1104]. [O Mestre] Fernando edificou [esta igrexa]».


     Pola feitura da inscrición, os investigadores apuntan a que sería un monxe coñecedor da documentación da súa época, escrita en caracteres visigóticos.


Lugares de Ermelo  
     Ermelo


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
 

PETRÓGLIFOS DE A ERMIDA - BORRAXEIROS - AGOLADA

PETRÓGLIFOS DE A ERMIDA
A ERMIDA
BORRAXEIROS
AGOLADA


     Os petróglifos están nun afloramento rochoso cunha leve pendente orientada ao norte e a 80 metros ao oeste do punto onde se xuntan o Rego de Couso co Rego do Espiño, zona norte da aldea da Ermida.


     Están formando grupos en distintas rochas separadas por fendas que orixinan as diaclasas dos penedos en que se atopan. As Rochas con gravados máis visibles sitúanse na parte leste do penedo.


      Podemos distinguir ata tres espazos distintos onde podemos ver círculos concéntricos, algún deles cunha coviña central, e cruciformes. 


     O gravado máis complexo é un grupo que se compón dun debuxo de círculos concéntricos, cunha coviña central cunha liña que sae do centro deles e se comunica cun grupo de tres círculos máis pequenos cunha liña recta que fai de base e da que saen tres liñas máis, marcando tres direccións orientadas ao oeste.



Borraxeiros
     San Cristovo de Borraxeiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. 



     Segundo o IGE de 2013 tiña 267 habitantes (136 mulleres e 131 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 450 habitantes.


A Ermida
     A Ermida é un lugar da parroquia de Borraxeiros, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 



     Segundo o INE, no 2008 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.


Lugares de Borraxeiros
     A Bugalleira, Cabanelas, Castro, Cezobre, Couso, Cristín, A Ermida, A Guillerma, Meixide, O Penedo, As Penelas, A Ponte do Muíño, O Quinteiro, Reboredo, Rego Traveso, Sa, San Miguel, A Torre, A Vila, Vilanova 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA