domingo, 12 de julio de 2020

ANTIGUA FÁBRICA DE PAPEL DE A GALIÑEIRA - CERQUIDES - RÍO VILACOBA - LOUSAME

RUINAS FABRICA PAPEL DE GALIÑEIRA
RÍO VILACOBA
CERQUIDES
LOUSAME


Fábrica de papel de A Galiñeira
     Trátase dun edificio de dimensións máis reducidas que a de Fontán ou a de Soutorredondo (similar á de Fontán), pero non por eso menos interesante. Consta de dúas plantas. 


     Na baixa, os vans son amplos e con forma de arco de medio punto, cubertos por uns soportais que probablemente sostiñan unha balconada na primeira planta, na cal as fiestras son rectangurales. 


     Ó igual que a de Fontán, a auga chégalle a través dunha longa canle de pedra que recolle a auga río arriba.


     Está situada na beira do río Vilacoba, á altura da aldea de Cerquides, nun marabilloso entorno con bosque de ribeira de freixos, ameneiros, abeleiras, carballos e castiñeiros que fan que aínda hoxe en día manteña un encanto especial.


 Ruta das Fabricas de Papel
     Na provincia galega da Coruña,nas Rías Baixas, atópase un lugar máxico no que o senderista vese rodeado dunha frondosidade salvaxe trátase da «Ruta das fábricas de papel abandoadas», na Ría de Muros Noia, aquí a natureza ocupou antigos edificios e tinguiu de verde, de hedras e musgo as súas fachadas. 


     En tempos menos tecnificados, a calidade e cantidade da auga era imprescindible para a fabricación de papel, por iso moitas fábricas situáronse nas ladeiras dos ríos Vilacaboa e San Xusto.


     Neste paseo polas antigas papeleras de Brandía a beiras do río San Xusto e Vilacoba as ruínas destas vellas fábricas retrotraen a unha época moi produtiva e que hoxe en día dotan ao recinto dun ambiente misterioso de gran atractivo.


     Esta ruta discorre por Lousame, un dos concellos con maior identidade rural e forestal de Ría de Muros-Noia; pero ademais este percorrido depara grandes sorpresas ao senderista, xa que leva a descubrir o importante patrimonio industrial que aínda se conserva.


     A ruta comeza no Parque de San Mamede onde as formacións graníticas -bolos graníticos- sempre sorprenden ao visitante; ademais as grandes masas forestais que hai en todo o concello converten os camiños en auténticos pasadizos nalgúns dos seus tramos. 


     Tras este pasaxe, aparecen as antigas Papeleiras de Brandía, á beira do Rio San Xusto, onde as ruínas destas vellas fábricas transportan, a unha época de moito traballo que hoxe en día dotan a todo o recinto dun ambiente misterioso, de gran atractivo natural e paisaxístico.


Historia do pasado
     Durante todo o tramo, a beiras do Vilacoba, fórmanse saltos de auga, aínda que noutras zonas a auga circula mansa.


     O senderista non só estará en contacto íntimo coa natureza, senón que tamén descubrirá e coñecerá a historia do pasado, os enxeños hidráulicos que forman parte da cultura popular doutros séculos. Papeleras, canles e muiños, conforman un sistema de aproveitamento ecolóxico do auga.


     Sen ningunha dúbida a Ruta das Papeleras é un bo exemplo de como a natureza adoita apropiarse do que é seu, creando unhas estampas insólitas, onde a vexetación e as pedras establecen unha contorna única.


     Un carreiro que mostra un patrimonio industrial, envolvido polos fentos, as árbores e o musgo.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Lousame
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901