sábado, 11 de julio de 2020

ANTIGUA PAPELEIRA DE FONTÁN - O CASTRO - RÍO VILACOBA - LOUSAME

ANTIGUA PAPELEIRA DE FONTÁN
O CASTRO
RÍO VILACOBA
LOUSAME


Ruta das Fabricas de Papel
     Na provincia galega da Coruña,nas Rías Baixas, atópase un lugar máxico no que o senderista vese rodeado dunha frondosidade salvaxe trátase da «Ruta das fábricas de papel abandoadas», na Ría de Muros Noia, aquí a natureza ocupou antigos edificios e tinguiu de verde, de hedras e musgo as súas fachadas. En tempos menos tecnificados, a calidade e cantidade da auga era imprescindible para a fabricación de papel, por iso moitas fábricas situáronse nas ladeiras dos ríos Vilacaboa e San Xusto.


     Neste paseo polas antigas papeleras de Brandía a beiras do río San Xusto e Vilacoba as ruínas destas vellas fábricas retrotraen a unha época moi produtiva e que hoxe en día dotan ao recinto dun ambiente misterioso de gran atractivo.


     Esta ruta discorre por Lousame, un dos concellos con maior identidade rural e forestal de Ría de Muros-Noia; pero ademais este percorrido depara grandes sorpresas ao senderista, xa que leva a descubrir o importante patrimonio industrial que aínda se conserva.


     A ruta comeza no Parque de San Mamede onde as formacións graníticas -bolos graníticos- sempre sorprenden ao visitante; ademais as grandes masas forestais que hai en todo o concello converten os camiños en auténticos pasadizos nalgúns dos seus tramos. Tras este pasaxe, aparecen as antigas Papeleiras de Brandía, á beira do Rio San Xusto, onde as ruínas destas vellas fábricas transportan, a unha época de moito traballo que hoxe en día dotan a todo o recinto dun ambiente misterioso, de gran atractivo natural e paisaxístico.



Historia do pasado

     Durante todo o tramo, a beiras do Vilacoba, fórmanse saltos de auga, aínda que noutras zonas a auga circula mansa.



     O senderista non só estará en contacto íntimo coa natureza, senón que tamén descubrirá e coñecerá a historia do pasado, os enxeños hidráulicos que forman parte da cultura popular doutros séculos. Papeleras, canles e muiños, conforman un sistema de aproveitamento ecolóxico do auga.


     Sen ningunha dúbida a Ruta das Papeleras é un bo exemplo de como a natureza adoita apropiarse do que é seu, creando unhas estampas insólitas, onde a vexetación e as pedras establecen unha contorna única. 


     Un carreiro que mostra un patrimonio industrial, envolvido polos fentos, as árbores e o musgo.


Antigua papeleira de Fontán
     É o exemplo máis significativo da actividade industrial relacionada co papel e os curtidos na comarca de Noia, xunto co aproveitamento da auga dos seus ríos.



     Fundada no 1863 como fábrica de papel polo ilustre matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Tratábase da fábrica de “El Castro”, da que Domingo Fontán era un dos socios fundadores, cecais o máis importante, pero non o único, como afirma Carré Aldao no libro “Geografía del Reino de Galicia”, coa que parece que o Estado contratou o “papel de oficio”. A principios de 1857 un incendio destrúe a fábrica de Fontán e compañía (nas aguas de papel figura o nome de FONTAN), pero foi restaurada e posta en funcionamento pouco despois, xa que en 1864 aparece no “Indicador” como propiedade de Domingo Fontán.


 
     Domingo Fontán faleceu en 1866 e a fábrica aparece nos estatutos de 1879 e 1888 a nome do seu fillo Manuel Fontán Riva. Nos anuarios destes anos apareceu tamén en Noia a entidade “Fontán Hermanos” fabricantes de papel, cecais un establecemento exclusivamente comercial e postal. 



     Esta estrutura, que se uníu á outrora importante industria do papel nos ríos Vilacoba e San Xusto, atópase na ribeira esquerda do río Vilacoba á altura do lugar de O Castro, na parroquia de Lousame.


     É un edificio de planta rectangular con cuberta a dúas augas e con gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico, o que respondía a criterios funcionais: cumprían coa ventilación necesaria do interior para o secado do papel.



     Repítense dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegáballe a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba e trasportábaa cara á fábrica. 



     O edificio atópase ao pé dun castro situado nun outeiro que o rodea nun meandro do río Vilacova chamado “Coto do Castro”, o cal serviu de canteira de pedra para a súa construción.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuentes: ABC
Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901