PETRÓGLIFOS DE CASTRO LOUREIRO
SAN ANTONIÑO
PERDECANAI
BARRO
Petróglifos de Castro Loureiro
Grupo que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculos concéntricos con coviña central ou non, e trazos lineais.
É a temática máis representada na arte rupestre galega.
Cronoloxía: desde 3000 antes de Cristo ata a cultura castrexa.
O significado é complexo. Representan un código simbólico dos grupos sociais agrícolas que os crearon, ben para transmitir unha narración, ben para marcar un territorio, etc.
Santa María de Perdecanai é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barro.
Segundo o INE en 2016 tiña 1048 habitantes (520 mulleres e 528 homes) 404 máis ca en 2004. Ten dez entidades de poboación.
Santo Antoniño
Santo Antoniño é unha vila da parroquia de Perdecanai, no concello pontevedrés de Barro.
En 2016 tiña 482 habitantes, 371 máis ca en 2006.
Neste lugar está a casa consistorial do municipio de Barro.
Está atravesado pola estrada N-550 de norte a sur.
Lugares de Perdecanai
Balixe, Canai, A Gándara, A Igrexa, Lourido, Parada, Porto Romeu, Rande, Santo Antoniño, Triabá, Valouta
Parroquias de Barro
Agudelo (San Martiño), Barro (San Breixo), Curro (Santa María), Perdecanai (Santa María), Portela (San Mamede), Valiñas (Santo André)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Barro
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901