martes, 22 de octubre de 2019

MUIÑOS DE DAIÓN - A DEVESA - ARCADE - SOUTOMAIOR

 MUIÑOS DE DAIÓN
A DEVESA
ARCADE
SOUTOMAIOR


A Devesa
     A Devesa é un lugar da parroquia de Arcade, no concello pontevedres de Soutomaior na comarca de Vigo. 


     Tiña 638 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 322 eran homes e 316 eran mulleres.


Lugares de Arcade
     A Calle, A Devesa, A Xesteira, Arcade de Arriba



Arcade
     Santiago de Arcade é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior. 


     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 5.064 habitantes (2.540 homes e 2.524 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un grande aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.086 habitantes.


Comunicacións
     A localidade está atravesada pola N-550, que une Vigo e Tui e a fronteira portuguesa con Pontevedra, Santiago e A Coruña. 


     Conta cunha ligazón coa autoestrada AP-9 a poucos quilómetros e posúe un apeadoiro no que paran algúns trens rexionais e que forma parte do eixo atlántico ferroviario de alta velocidade.


Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. 


     Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio é «soutomaiorense».


Xeografía
     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.


     O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.



Economía
     Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.


     Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. 


     A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio minorista, empresas de transportes e restaurantes.


Historia
     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.


Patrimonio
     O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.


     No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. 
 

     Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. 
 

     Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.


      En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.


     A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. 


     Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).


     Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.


Parroquias de Soutomaior    
     Arcade (Santiago), Soutomaior (San Salvador)

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Os ríos Verdugo e Oitavén xúntanse na Poza das Bestas ou Ponte Colgante, non ponte da Barca e o Castelo non está no monte do Viso, está no Rial.

    ResponderEliminar
  2. Hola buenas, quería saber si en Galicia existen muiños de dos moas ya que estamos elaborando un trabajo sobre ellos y me interesaría saberlo. Muchas gracias, saludos

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901