jueves, 15 de febrero de 2024

CRUCEIRO PETO DE PIÑEIRO - PIÑEIRO - MASIDE

 CRUCEIRO PETO DE PIÑEIRO

PIÑEIRO

MASIDE

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 14 de febrero de 2024

CRUCEIRO DE SAN PANTALEÓN - FAQUÍN - GARABÁS - MASIDE

 CRUCEIRO DE SAN PANTALEÓN

FAQUÍN

GARABÁS

MASIDE

      Cruceiro de inais do século XIX que nace sobre dous chanzos cadrados.

      A súa base, cúbica e coas arestas rebaixadas, posúe unha inscrición pouco lexible que nos fala do seu autor (posiblemente Indalecio Prieto, mestre canteiro do Carballiño).

     O varal, de sección cilíndrica, posúe a imaxe de San Pantaleón na parte media.

      O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cilíndrica coas imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cunha daga no peito e sobre unha peaña no reverso.

     O conxunto posúe tamén un altar a xeito de pousadoiro.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

      Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DO BON XESÚS - A FORTALEZA - VALENÇA DO MINHO

CAPELA DO BON XESÚS

A FORTALEZA

VALENÇA DO MINHO

 Fortaleza de Valença
       A Fortaleza de Valença (Praça-forte de Valença) é unha fortaleza que se localiza na vila, freguesía e concello de mesmo nome, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal raiando na marxe esquerda do Miño coa vila galega de Tui.

      O edificio actual data do século XVII, hoxe é propiedade da república e a vila vella de Valença que arrodea é un destino turístico e de compras de moitos galegos e portugueses.

Historia
      Disque a ocupación cun castelo (Castelo de Valença) se remonta á invasión romana da Gallaecia.

     O forte sería ocupado durante o reino suevo e o posterior Reino de Galiza. Xa despois da escisión do condado portugués de Galiza, no século XII para o XIII, construiríase o vello castelo para a defensa da poboación e da travesía nese treito do río.

      No contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa (século XVII), a fortificación lindeira foi enteiramente reformada co proxecto do francés Miguel de l'Ècole (que tamén levou a cabo as reformas no castelo de Monção).

      Dese modo, foron reconstruídos os muros para abrazar o perímetro estendido da vila, e erguidas novas estruturas abaluartadas.

Descrición
       Coa reconstrución das defensas que transformaron Valença nunha praza forte, a poboación ficou separada do río por unha rede de baluartes de cachotaría de granito e de patamais que se comunican entre si por medio de fosos e de pasaxes superiores.

        Planimetricamente, a fortaleza, ao abrigo dun intricado conxunto de baluartes, revelíns e fosos, ficou dividida en dúas grandes áreas que se comunicaban pola chamada Porta do Meio: o sector Norte, que abrangue a antiga vila medieval, e o sector Sur, unha área menor e máis aberta: a chamada Coroada.

Turismo
      Valença, por ser vila raiana, é dende finais do século XX un destino popular de turismo galego de feira e para a compra de diferentes artigos, salientando os téxtiles. 

      As murallas de Valença agochan multitude de tendas (‘’lojas’’) de artigos para o lar, enxoval, así coma restaurantes e cafés, de moita sona tanto no Norte de Portugal coma no sur de Galiza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 13 de febrero de 2024

IGREXA DA MISERICORDIA - PRAZA DEU LA DEU - MONÇAO

 IGREXA DA MISERICORDIA

PRAZA DEU LA DEU

 MONÇAO

Igrexa dá Misericórdia de Monção
       A Confraría da nosa Señora da Misericordia foi instituida en Monção en 1590 e a Igrexa non foi construída ata o s. XVII. 

      Con elementos manieristas e barrocos, nun claro estilo de transición, é un edificio modesto no que o granito se combina co branco das paredes encaladas. 

      No centro da fachada, nunha hornacina encima da porta de entrada, a imaxe da nosa Señora

      No interior, revogado e encalado, sobresae a decoración barroca do altar maior, no que se pode admirar un retablo de talla dourada e o teito de artesonado de madeira pintada, con escenas da vida da Virxe.

      Tamén cabe mencionar o púlpito lateral e o sinxelo órgano de tubos. No centro do arco triunfal da capela maior podemos ver as armas da Santa Casa da Misericordia.

      Encostada á beira dereita de la Iglesia atópase a Casa do Consistorio, de estilo manierista, onde se reunía a asemblea dos cardeais.

 Monção
      Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19.957 habitantes.

      Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara


    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
      Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

      Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man.

     Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 12 de febrero de 2024

CAPELA DE SAN PEDRO - LUDEIROS - CIMADEVILA - LOBIOS

 CAPELA DE SAN PEDRO

LUDEIROS

CIMADEVILA

LOBIOS

Cimadevila
      Cimadevila é un lugar da parroquia de Lobios no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. ´

        Non aparecen datos de habitantes nin no INE nin no IGE

Lugares de Lobios
      Barreal, Cimadevila, Cruces, Fábrica, Fondevila, Ogos, O Outeiro, Pazos, Quintás, Rial, Ribas de Araúxo, Zapateiros

Lobios
      San Miguel de Lobios é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 521 habitantes, dos cales 267 eran homes e 254 mulleres.

Comarca de Baixa Limia
       A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

       Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA