PONTE DO BURGO
CULLEREDO - CAMBRE
A CORUÑA
A Ponte do Burgo localízase entre os concellos coruñeses de Culleredo e Cambre. De orixe romana, foi reformada no século XII como doazón dos terreos do condado de Traba á Orde dos Cabaleiros Templarios,quen cobraban unha peaxe a todos aqueles que querían pasar pola ponte, paso obrigado dos peregrinos que desembarcaban na Coruña para dirixirse a Santiago.
Foi restaurada pola escola-taller de Culleredo e inaugurada o 17 de xuño de 1993.
Por esta ponte pasa o Camiño Inglés de peregrinación cara a Santiago de Compostela.
Pola súa situación estratéxica, Ferrol e A Coruña son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. O primeiro itinerario marítimo coñecido, escrito entre 1154 e 1159 polo monxe islandés Nicolás Bergsson, describe a viaxe dende Islandia ata Dinamarca, e a pé ata Roma.
Esta ruta marítima seguírona os islandeses e escandinavos que peregrinaron a Santiago.
Durante o século XIV e o primeiro terzo do XV, os británicos empregaron o barco para vir a Santiago. A súa presenza está dabondo probada coas pezas de cerámica e numismática inglesas da época achadas nas escavacións da catedral compostelá.
As ofrendas ao Apóstolo son outra pegada da existencia das peregrinacións marítimas. A máis célebre é o retablo portátil de alabastro doado no 1456 polo clérigo John Goodyear; ou a Cruz de perlas doada polo rei Xacobe IV de Escocia (1475-1513).
Os peregrinos contaron cos hospitais da Orde franciscana do Sancti Spiritus, baixo os auspicios do nobre Fernán Pérez de Andrade, "O Bo". No treito que parte de Ferrol situábanse en Ferrol, Neda, Miño, Paderne e Betanzos.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Fuente: Patrimonio Galego
Fuente: Patrimonio Galego