SANTALLA DE ABAIXO
LÓUZARA
SAMOS
LUGO
SAMOS
Os vestixios arqueolóxicos conservados no concello de Samos son testemuña dun remoto asentamento prehistórico nestas terras.
A manifestación máis antiga deses primeiros poboadores atopámola nas covas de Santalla, os castros de Loureiro e as medorras de Bustofrío e Trascastro.
A abundancia de castros amosa a importancia da cultura castrexa, manifestada en lugares como Pascais, Romelle, Lourido, Estraxiz…a pesares de que non se teñan feito excavacións nestes lugares pódese datar a presenza desta cultura no periodo comprendido entre os s.VII antes de Cristo e o s.II despois de Cristo, e é moi probable que os asentamentos perduraran ata a Idade Media.
A chegada dos monxes, no século VI, vai acaparar a historia municipal, íntimamente ligada á do seu mosteiro. A súa orixe remóntase a época visigoda, situando a súa fundación no s.VI, en tempos de San Martín de Dumio.
O mosteiro foi abandoado no ano 714 coa chegada dos mouros a Lugo, pero por pouco tempo, pois tense noticia da asignación que fai a raíña Fruela na segunda metade do s.VIII o abade Argerico, e da posterior estanza do seu herdeiro Alfonso II O Casto, que pasou aquí a súa infancia tralo asesinato da raína.
No s.X a vida monástica no mosteiro sofreu un quebranto, e foi a pedido dos nobres galegos Arias e Gutier Menéndez, que San Virila, abade de Penamairor en Becerreá, enviará a 17 monxes que finalmente logran retomar a vida monástica no cenobio.
Do auxe da abadía de Samos temos noticia documentada nunha bula papal de Alexandre III do ano 1175, momento no que a abadía exercía a xurisdicción sobre de 105 igrexas espalladas por toda Galicia.
No s.XV os Reis Católicos implantan una reforma nos mosteiros bieitos, orde a que se incorporou o de Samos no 1505 tendo como consecuencia un importante pulo no eido económico e na formación monacal, vivendo unha época de intensa actividade nos s.XVII e XVIII.
O s.XIX iníciase cunha etapa de incertidume para o futuro da abadía, que ve como no ano 1835 dos 37 monxes que habitaban o mosteiro somentes 3 permaneceron en Samos.
Esto leva consigo un deterioramento do edificio, que foi entregado polo Estado ó Concello de Samos, pero a insuficiencia de fondos para afronta-lo seu mantemento conleva a devolución a máns do Estado no ano 1862.
Non será ata o ano 1880, cando o mosteiro inicia o seu rexurdimento coa chegada de 9 monxes da Orde de Valladolid, que traballan arreo na sua restauración.
San Xosé de Santalla
A parroquia de San Xosé de santalla ten 79 habitantes distribuidos nas entidades de Casares, Casela, Gamiz, Parada, Santalla e Vilar de Robledo.
Esta parroquia conta con interesantes exemplos da arquitectura tradicional da zona nos lugares de Parada e Santalla de Abaixo. A igrexa parroquial de estilo románico está realizada en sillares de granito, o que non é frecuente nesta zona
Val de Lóuzara
O conxunto xeográfico de Lóuzara constitúe unha gran reserva natural para o municipio de Samos. Engaiola a atención do visitante pola súa accidentada orografía con altas montañas dende as que nacen múltiples regatos que logo regan os profundos vales. A explicación é a pouca evolución que tivo debido ao afastamento das restantes zonas do termo municipal e ao seu rudimentario sistema de comunicacións.
Porén, nestes últimos anos lévanse realizando moitos esforzos para dotala de axeitadas comunicacións, que van logrando facer máis agradable e máis humana a vida dos seus moradores.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901