XANZÁ
GENTIANA LUTEA
Úsase como planta medicinal e como aromatizante de bebidas.
En Galicia existe unha variedade desta especie (Gentiana lutea var. aurantiaca) cunha coloración diferente (flores arroibadas e alaranxadas no canto das amarelas) e outras singularidades como o tamaño dos pétalos e das flores (máis grandes) respecto das que medran no resto da Península e do continente, segundo unha investigación que leva a cabo un equipo científico da Universidade de Santiago. Parece que as diferentes variedades responden a diferentes relación cos insectos polinizadores.
Etimoloxía
Tamén é coñecida en galego co nome de ou xenciana e xanzá amarela. Tamén existe a variedade dialectal xenzá.
Segundo Plinio o Vello e Dioscórides, o seu nome deriva do de Xentio (Genthius), rei de Iliria no século II a. C., a quen se atribuía o descubrimento do valor curativo da planta. O Banco de Albania recolleu esta tradición: a Gentiana lutea está representada no reverso do billete de 2000 lekë albaneses, emitido en 2008, en cuxo anverso figura o rei Xentio.
Era usada na Idade Media coma un antídoto contra certos velenos.
Descrición e hábitat
É unha planta perenne herbácea, que acada de 1-2 m de altura, con follas lanceoladas anchas a elípticas de 10-30 cm de lonxitude e 4-12 cm de largura. As flores son amarelas (o arroibadas avermellades nas variedades galegas), coa corola separada achegada á base en 5-7 pétalos estreitos. Desenvólvese nos prados e pasteiros alpinos e sub-alpinos coma unha herba máis, normalmente en solos calcarios.
Propiedades e usos
Cómpre salientar as súas propiedades intensamente amargas, residen especialmente na súa raíz e, en menor medida, no resto da planta, converténdoa nun apreciado tónico dixestivo e aperitivo. A raíz é o principal remedio tónico amargo usado coma menciña popular. A xanzá úasase acotío coma compoñente de bebidas tónicas amargas (bitter, vermú, amargo de angostura).
A parte máis efectiva é a raíz enxugada. Tómase oralmente nos tratamentos de doenzas de fígado, indixestión, infeccións gástricas e anorexia. Non debe de ser prescrito en pacientes con úlceras duodenal ou gástrica. A raíz pivotante pode ser tan grosa coma o brazo dunha persoa, da que saen varias ramificacións ben desenvolvidas. A raíz tírase a finais do verán ou polo outono, e se seca para un uso posterior.
Manuela falandome da Xanzá |
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901