lunes, 30 de noviembre de 2020

MUIÑO DA FOLGADA DE ANXUIÑA - REGO DE PEREIRA - SOUTOMAIOR

 MUIÑO DA FOLGADA DA ANXUIÑA

REGO DE PEREIRA

SOUTOMAIOR

 Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo.

Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio é «soutomaiorense».


Xeografía

     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

      O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Economía
      Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

     Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio retallista, empresas de transportes e restaurantes.

Historia
     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.


Patrimonio

     O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

     No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

      En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

      A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis.

     Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).

      Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.


 Parroquias de Soutomaior

Arcade (Santiago), Soutomaior (San Salvador)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUIÑO DA PENA GRANDE "UN" - RÍO CALVELLE - CHIELAS - VALONGO - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DE PENA GRANDE "UN"

RÍO CALVELLE

CHIELAS

VALONGO

CERDEDO COTOBADE

 Chielas
      Chielas é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o IGE, en 2015 tiña 17 habitantes (9 homes e 8 mulleres), o que supón unha leve diminución con respecto ó ano 2005, cando tiña 18.

     Neste lugar está o petróglifo de Chielas.


Valongo
     Santo André de Valongo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 131 habitantes (58 homes e 73 mulleres), 28 menos ca en 1999. 

     A parroquia, que inclúe os terreos da desaparecida parroquia de San Lourenzo da Escuadra, ten once entidades de poboación.

Patrimonio
     Nesta parroquia está o foxo da Conllosa, antigo foxo construído para a caza de lobos.


Festas
      Nela celébrase a festa da filloa de Valongo.

Lugares de Valongo
     O Campo da Ferreira ,O Campo, A Casanova, A Cerdeiriña, Chielas, O Igrexario, O Outeiro do Forno, As Penizas, O Quinteiro, Rañas, O Regueiro


Cerdedo-Cotobade

     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².

     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.

Cotobade
      En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.

     O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).

Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade

     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)   

Nota:

     Moi agradecido a Ana e Jose Antonio por tanta axuda, GRAZAS


VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 



OUTEIRO OU COVA DA OLA - TABOADELO - PONTE CALDELAS

OUTEIRO OU COVA DA OLA

TABOADELO

PONTE CALDELAS

 Taboadelo
     Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.

      Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.


Historia
     No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes".


     Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).


Festas
     Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.


Lugares de Taboadelo
     Taboadelo, Verdugo


Ponte Caldelas
      Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.


     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.

     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.


Patrimonio
     Calvario da Insua.
      No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.
     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.
     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben
     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.
      Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.
     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.

Turismo
     Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.


Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.
     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.
     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo, a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


Parroquias

   Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)

Nota:
     Moi agradecido a Fernando Orge de Taboadelo por o tempo que me adicou a descubrir este sitio. GRAZAS

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA