jueves, 5 de noviembre de 2020

SARTEGOS DE SAN XOÁN DE LAXAS - LAXAS - BOBORÁS

 SARTEGOS DE SAN XOÁN DE LAXAS

LAXAS

BOBORÁS

Sartegos de San Xoán de Laxa.    
     Atopanse na parte de atrás duns terreos con viñas a un nivel máis baixo. Estas dúas tumbas estan excavadas na  rocha. Son de tipo antropomorfo de adulto e orientadas Oeste a cabeza, Leste os pés.

     Ambas están repicadas nunha superficie plana de rocha, e non presentan nin encaixe para tápa, nin reborde para protexelas do auga. Poderíanse datar en época medieval século VII-IX.


Laxas
     San Xoán de Laxas é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.  No ano 2007 tiña 79 habitantes, deles 35 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Laxas
      Laxas, Leborín, Liñariños, O Lugar, O Souto


Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).  Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

    A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

      O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Parroquias de Boborás
       Albarellos (San Miguel). Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.   

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: enricvillanueva.wordpress.com 

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901