martes, 3 de noviembre de 2020

LAGOA DA CANTEIRA DAS LAPAS - PAREDES VILABOA

LAGOA DA CANTEIRA "DAS LAPAS"

PAREDES

VILABOA


Paredes
     Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra.

      Segundo o IGE, en 2015 tiña 631 habitantes (314 homes e 317 mulleres).

     O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela.


     En Paredes atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

San Martiño de Vilaboa
     San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa.

      Segundo o IGE en 2013 tiña 1688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), 87 menos ca en 1999. Ten dezasete entidades de poboación.

Patrimonio
      A igrexa parroquial foi construída orixinalmente no século XII. Desta etapa consérvase o prebisterio e un lintel románico no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e neoclásica, cunha capela contigua á sancristía. A fachada é barroca, enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo. Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun agnus dei, un carneiro en posición ergueita, cunha cruz antefixa sobre o seu lombo.imaxe requirida


      A casa reitoral é un pazo de pedra do século XVII. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun hórreo do século XVIII de 36 pés.

     En Acuña hai un cruceiro de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.


      O peto de ánimas do Toural, situado sobre un pequeno altar de granito fronte o consistorio, data do século XIX. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do purgatorio son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.


     O peto de ánimas do Coruxeiro está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente Francisco de Asís).


     No límite coa parroquia de Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros, con inscricións medievais.

Lugares da parroquia de Vilaboa    
     Acuña, A Carballeira, Casal de Santa, Casanova, O Castenlo, Cavada Chan, Cimadevila, Coruxeiro, A Graña, Novás, Outeiro do Gato, O Outeiro, Paredes, Postemirón, A Regueira, O Río, O Toural

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

 Fuente: Concello de Vilaboa

XOAN ARCO DA VELLA


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901