SARTEGOS DE ADRO VELLO
VERDOEJO
VALENÇA DO MINHO
Verdoejo
Verdoejo e unha fregresia portuguesa do município de Valença, con 3,82 km² e 573 habitantes (censo de 2021).
A sua densidade poboación e 150 hab./km².
Património
Adro Velho - Ou Adro Velho e un lugar na parte norte da aldea, onde existe un cemitério antigo e un cruceiro.
Capela do Sr. da Boa Morte- A capela do Sr. da Boa Morte localizase nas inmediacións da Igrexa Parroquial de Verdoejo.
Capela do Sr. dos Passos
Capela de São Tomé
Ermita do Sr. do Bonfim
Igrexa Parroquial de Verdoejo - A igrexa Parroquial de Verdoejo data de 1691 o tempo que a sua torre data de 1879.
Moinhos
Pelourinho de Telheira
Gravuras Rupestres - Existen nesta aldea vários vestíxios rupestres sin clasificar e ainda por datar, en particular no lugar da Barreira e no lugar do Ermegil.
Ilha do Conguedo
O Carvalho Centenário
Valença do Minho
Ciudade fronteiriza entre Portugal e España situada xunto ao Río Miño, Valença do Minho destaca polas murallas e vestixios propios dunha cidade fortificada dos s. XVII-XVIII (ao estilo do arquitecto francés Sébastien Lle Pestre, Señor de Vauban), que forman o centro histórico hoxe en día coñecido como A Fortaleza, desde o que se pode divisar a ponte fronteiriza construída por Eiffel en 1885.
O seu primeiro nome foi "Contrasta", que significa poboación oposta a outra, debido á súa localización fronte á cidade galega de Tui na outra abeira del Río Miño.
Hoxe en día é unha pequena cidade (3,500 habitantes) cun comercio florecente, entre os que destacan, por encima de todos, os produtos téxtiles. É dicir, as toallas que todos os que vivimos preto de Portugal fomos a comprar algunha vez...
A fortificación conserva catro portas: Santiago ou do Sol, de Gaviana (arco gótico), de la Fuente da Vila e da Coroada, así como doce baluartes, construídos en diferentes épocas, formando o conxunto unha planta en forma de coroa.
Perfecto exemplo de arquitectura militar gótica e barroca portuguesa (xunto coas fortificacións de Almeida e Elvas), no seu día tivo que defenderse de invasións árabes e outras ofensivas, resultando un enclave dun alto valor estratéxico pola súa localización fronteiriza.
Actualmente as murallas atópanse en moi bo estado así como as rúas e edificios do seu interior, ofrecendo un ir e vir constante de turistas, sobre todo españois.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA