CASTRO DE CAMEIXA
CAMEIXA
BOBORÁS
CASTRO DE CAMEIXA
Asentamento fortificado da Idade do Ferro cunha ocupación continuada dende os séculos VI a. C. ata o I d. C. (época romana).
Trátase dun castro de referencia obrigada na bibliografía especializada debido aos estudos nel realizados e aportar datacións absolutas de C14.
Cameixa presenta un recinto principal superior de forma ovalada que mide uns 90 m. de norte a sur e uns 130 m. de este a oeste e circunscrito por un terraplén pronunciado que nalgúns puntos pode acadar os 20 m. de alto.
Polo sur e polo suroeste deste recinto principal aparece un antecastro duns 25 m. de ancho máximo previsto dun terraplén duns 15 m. de alto.
Diante deste antecastro, polo oeste, hai outro terraplén en dirección norte, a xeito de posible entrada a este recinto .
Foi escavado entre os anos 1944 e 1946 por F. López Cuevillas e X. Lorenzo Fernández deixando ao descuberto parte dun tramo de muralla (lenzo exterior e interior) xunto con dúas construccións circulares e unha cuadrangular.
Descubríronse restos das construccións máis antigas xa que apareceron algúns anacos de barro misturado con palla e material cerámico pertencentes a distintos cacharros desa época.
Polo que respecta ás construccións circulares, indicar que á de tamaño máis grande se superpuxo outra construcción cadrangular o que se interpreta como unha reocupación do castro en momentos posteriores, probablemente na derradeira fase da época castrexa e romana.
Apareceron fragmentos de varios recipientes cerámicos (xarras, cuncas, pratos…) xunto con morteiros,muíños de man para moer (apareceron landras e legumes carbonizadas) e outros obxetos metálicos como fíbulas (broches), restos de fouces, cravos… indispensables na vida cotiá das persoas que poboaron este asentamento.
Cameixa
San Martiño de Cameixa é unha parroquia que se localiza no concello de Boborás.
Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 349 habitantes.
Xentilicio
O seu xentilicio é cameixeiro.
Patrimonio
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
Lugares de Cameixa
Cameixa, Córneas, O Currelo, O Domo, Figueiroa, Gontelle, A Granxa, Leboreira, Morouzón, O Outeiro, Parada, A Petada, Salceda, San Bartolomeu, San Cristovo, Vilanova
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
VIDEO
MAPA
Fuente: Web ribeirocarballino.com
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901