martes, 3 de octubre de 2023

CRUCEIRO DO SEÑAL - A SEÑAL - CANGAS

 CRUCEIRO DO SEÑAL

A SEÑAL

CANGAS

     Cruceiro que estaba ao pé da ponte gótica, hoxe desaparecida e soterrada baixo o asfalto, que salvaba o rego de Bouzós, que separa as parroquias de Santiago de Cangas de san Salvador de Coiro. Está datado no ano 1721.

       Consta dunha plataforma de tres chanzos, con pedestal cúbico, cos bordes superiores biselados. Na cara frontal, ten inscripción coa data: AÑO 1721. O varal é de sección octogonal.

       O capitel aséntase sobre un anelete cilíndrico moi desenvolvido, acotado por toros, e está decorado con volutas nos cantos e caras de anxos en tres dos lados, mentres que na cara frontal, o anxo é sustituído pola caveira de Adán. 

         Os brazos da cruz son de sección cadrada, e neles está cravado un Cristo algo desporporcionado de membros, pero de talla expresiva, morto, coa cara ladeada á dereita, e cartela sobre a cabeza co INRI. 

        No reverso da cruz, represéntase á Virxe das Angurias, en actitude orante e co manto sobre a cabeza.

       Na base do varal colgan varios farois onde aínda é costume popular acender candeas e palmatorias.

       O topónimo non ten que ver con sinal algún, senón que é deturpación de Aceñal, (pronúnciese aseñal) por haber en tempos no río Bouzós aceñas ou muíños de auga.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901