sábado, 22 de febrero de 2020

5ª XORNADAS GASTRONÓMICAS DA FILLOA - BOQUEIXÓN

5ª XORNADA
GASTRONÓMICA DA FILLOA
LESTEDO
BOQUEIXÓN


      Sete establecementos hostaleiros ofrecen a súa mellor versión da filloa de Lestedo nas V Xornadas Gastronómicas


      A Festa da Filloa prolonga cada vez máis a súa celebración con numerosas actividades ligadas á degustación do produto estrela do Entroido



     En Boqueixón seguimos inmersos na celebración da Festa da Filloa de Lestedo, unha festividade declarada de interese turístico de Galicia, e que cada ano vai en aumento, non só polo número de asistentes, senón tamén polas actividades que se organizan en torno a este festexo. O luns 24 de febreiro comezan as Xornadas Gastronómicas da Filloa en sete locais de Boqueixón. Como cada ano, os consumidores que visiten os locais participantes poderán degustar por un prezo de 2 euros exquisitas tapas elaboradas coa filloa como protagonista.


Os establecementos que participan son: 
      Bar-Restaurante “O Imprevisto”, restaurante “Vente vindo”, café-bar “O 26”, cervexería “O Vikingo”, restaurante “Vía da prata”, Casa de Xantar “Casa Castro” e taberna “O tapeo”. As tapas que elaborarán son unha filloa de grelos con mar caramelizado e filloa de café irlandés no  Bar-Restaurante Imprevisto, a Filloa do 26” no Café-bar O´26, a “Entroidada”, o “Revolto na pantalla” e “atranque de chicharrón no Restaurante Vente Vindo, “bocados a carón do lume” na cervexería O Vikingo, “Filloa namorada” e “Filloa croculloa” no Restaurante Vía da Prata, “Filloa da avoa” e “Filloa o tapeo” en Taberna O Tapeo, e “Filloa rechea” na Casa Castro. 



     As xornadas desenvolveranse ata o 29 de febreiro en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:30 horas.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



Fuente: Nós Comunicación
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 20 de febrero de 2020

CRUZ DE BENITO - CAMIÑO DE O PELETE A FIRVEDA - COVELO - A LAMA

 CRUZ DE BENITO
CAMIÑO DE O PELETE A FIRVEDA
COVELO
A LAMA


     Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños.


      Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas recordan tráxicos sucesos ocurridos nese lugar.


    A cruz de hoxe atopamola no antiguo camiño que vai de O Pelete a A Firveda e Cambases no sitio onde se bifurcaba o camiño.


     Atopase  sobre un penedo de tamaño considerable  na beira do camiño



     A cruz coñecida tamen como "Cruz de Benito" foi colocada no lugar no que morreu por causas naturais o veciño de A Firveda de nome Benito o regreso das Festas de O Pelete.


Covelo
     San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra.


     Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.


Lugares de Covelo
     Barbeira, Covelo, A Fírveda, O Forno, A Gateira, Laxedo, O Outeiro, O Pelete, A Perdiz, O Toxal, O Valciño, Ventoselo, A Vincurada

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 18 de febrero de 2020

PONTILLON DE A POEIRA - RÍO TEA - RIOFRIO - MONDARIZ

 PONTILLON DE A POEIRA
RÍO TEA
RIOFRIO
MONDARIZ


Río Tea
     O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.


Etimolxía
     Segundo Edelmiro Bascuas o hidrotopónimo "Tea" parte da raíz hidronímica indoeuropea galaica *tekw‑, co significado de ‘fluír’.


Características
      Nace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 msnm, e outro a 940 msnm no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.


     Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².


      O Tea é un río de característico réxime pluvial. O seu caudal medio é de 17,5 m³/s. O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño. 


     Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña. Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.


     Está declarado como zona especial de conservación (ZEC).


      En agosto de 2014 o río sufriu unha vertedura de sosa procedente da planta embotelladora de Augas de Mondariz.



Flora
     A vexetación é moi rica, tipo bosque de galería dos ríos do sur de Galiza, a formación típica é o ameal ou formación de amieiros. A vexetación é completada con freixos, salgueiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros, cerdeiras bravas e algún carballo. 
 

     Seguindo o bosque de galería atopamos unha segunda formación na que aparece a carballeira ou fraga mixta dominada por carballos (Quercus robur L.), e completada con loureiros, pereiras bravas, acivros (aceviños), cerquiños, e ás veces freixos, pradairos e castiñeiros. Nos outeiros fórmanse piñeirais de piñeiro bravo (Pinus pinaster var. maritima), froito das reforestación dos séculos XIX e XX, mesturadas hoxe en día con carballos, eucaliptos etc. 


     Complétase todo cunha rica formación arbustiva e herbácea: cáncaros, campaíñas, amorodeiras bravas (morotes), hedras (areiras ou hadreiras), silveiras, roseiras bravas, estripeiros, chuchameles (Lonicera spp.), fentos variados, brións etc. Así coma toxos, uces etc. nas zonas altas.


Fauna
Aves
    Gabián (Accipiter nisus)
    Garza branca (Egretta alba)
    Andoriña brava (Riparia riparia)
    Alavanco real (Anas platyrhynchos)
    Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
    Ouriolo (Oriolus oriolus)
    Paporrubio (Erithacus rubecula)
    Picapeixe (Alcedo atthis)
    Azor (Accipiter gentilis)
    Lavandeira branca (Motacilla alba)


Mamíferos
    Rato de almiscre (Galemys pyrenaicus)
    Lontra (Lutra lutra)


Peixes
    Lamprea (Petromyzon marinus)
    Salmón (Salmo salar)
    Anguía (Anguilla anguilla)
    Reo (Salmo trutta)


Outros
    Xoaniña (Coccinella septempunctata)
    Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
    Libélulas (Gomphus graslinii e Macromia splendens)

VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑOS EN AS TARAS - AS TARAS - RÍO LEREZ - POSMARCOS - A POBRA DO CARAMIÑAL

 MUIÑOS EN AS TARAS
RÍO LEREZ
AS TARAS
POSMARCOS
A POBRA DO CARAMIÑAL


As Taras
     As Taras é un lugar da parroquia de Posmarcos no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza.



     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 3 habitantes (2 homes e 1 muller).



 Posmarcos
     Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Pobra do Caramiñal.



     Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 2.040 habitantes (1.051 mulleres e 989 homes) distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.343 habitantes.



Lugares de Posmarcos

     A Angustia, Armental, A Barreira, O Batán, Cadreche, O Campo, Campomuíños, A Canliña, Os Casás, O Conchido, A Conga, A Crocha de Levante, A Crocha de Poñente, O Cruceiro Novo, Entrerríos, O Foxo, O Freixo, O Hórreo, O Inferniño, A Lomba, A Mercé, Ouxo, O Pinal do Rei, A Ponte Barbanza, As Pontes, Portocarro, Portofreixo, O Pumadiño, A Recosta, Rego de Horta, A Ribeiriña, O Río Lérez, Saborido, San Paio, O Sanguilexo, Santo Isidro, As Taras, Vilariño, Vilas



Comarca de Barbanza
     A comarca de Barbanza, ou comarca da Barbanza (ou máis simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza), é unha das comarcas oficiais de Galicia.



     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.



     Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.



Parroquias da Pobra do Caramiñal

     O Caramiñal (Santa María a Antiga), Lesón (Santa Cruz), Posmarcos (Santo Isidro), O Santiago do Deán ou Castelo (Santiago), O Xobre ou O Maño (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ DE CACHEIRO - A CANICOUVA

CRUZ DE CACHEIRO
CACHEIRO
CANICOUVA


     Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños.



      Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas recordan tráxicos sucesos ocurridos nese lugar.



     A que hoxe publicamos esta a beira do Camiño Portugués a Santiago no lugar de Cacheiro da parroquia da Canicouva.



     Esta cruz sirve de "marco" que divide as parroquias de A Canicouva do Concello de Pontevedra coa parroquia de San André de Figueirido do Concello de Vilaboa.



     A Cruz estibo desaparecida uns anos porque foi roubada e despois dun tempo  foi localizada e devolta o seu lugar.



Cacheiro
     Cacheiro é un lugar da parroquia da Canicouva, no concello de Pontevedra. Segundo o IGE no 2013 tiña 78 habitantes (33 homes e 45 mulleres), 7 menos ca no ano 2010 e 33 menos ca no 2004.



     Está situado ao suroeste da parroquia, xa lindando co lugar de Paredes (concello de Vilaboa). 


     En Cacheiro está a ermida de San Amaro. Por este lugar discorre o camiño portugués. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA