lunes, 10 de febrero de 2020

PONTE EN SILVESTRE - REGO DE NEIBÓ - SAN TOMÉ DE PIÑEIRO - MARÍN

PONTE EN SILVESTRE
REGO DE NEIBÓ
SILVESTRE
SAN TOMÉ DE PIÑEIRO
MARÍN


San Tomé de Piñeiro
      San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.



     Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1059 habitantes (524 homes e 535 mulleres). A parroquia ten 12 entidades de poboación.




Patrimonio
     A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro.



Cultura
     A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro
     A Sociedade Deportiva Santomé milita na Segunda Rexional.



     Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.


      Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.


Lugares de San Tomé de Piñeiro
     Allariz, Cadrelo, Cernello, A Esperela, Fixón, O Igrexario, Miñán, O Pereiro, O Pozo, Silvestre, A Troncosa



Marín
     Marín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeografica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra.



      Segundo o IGE en 2018 tiña 24.362 habitantes. O seu xentilicio é «marinense».


Praias
     No litoral do concello de Marín hai gran cantidade de praias, das cales tres contaron con bandeira azul no ano 2015: Portocelo, Mogor, Aguete, ademais de Lapamán, que comparte co concello de Bueu.     

     A praia de Portocelo é a máis oriental e a que conta con mellores servizos, como duchas, restaurante e vixilancia. Malia ser inclinada de máis, é acolledora e dista pouco do núcleo urbano, ao redor dun quilómetro, o que favorece a marcha a pé dos bañistas. Entre a praia e o núcleo está a Escola Naval, e entre ambas as dúas existe un eucaliptal de bastantes anos, que xa aparece na película Botón de Ancla.
     A praia de Mogor atópase a uns 600 metros da anterior. Ten uns 400 metros de lonxitude e tamén conta con servizos de duchas, vixilancia e restaurante. Nas súas proximidades están os famosos petróglifos de Mogor, que contan cun centro de interpretación dende verán de 2015.
     A praia de Aguete está a pouco máis de 4 quilómetros do centro da vila e é a máis grande de todo o concello, cuns 900 metros de lonxitude. Ten tamén servizos de ducha e vixilancia, e conta con varios restaurantes e bases nas súas inmediacións. No seu extremo máis occidental sitúase o porto deportivo do Real Club de Mar de Aguete, na punta Chirleu, onde se realizan diversas probas de vela ao longo do ano.
     A praia de Loira, a uns 600 metros de Aguete e situada na desembocadura do río do mesmo nome.



Festas
     En Marín celébranse moitos eventos culturais, e os máis importantes son:
     As Festas do Carme (16 de xullo), que é o evento máis importante da vila coa celebración de numerosos actos ao longo dos 10 días que dura a festividade.
     A Festa de San Miguel (29 de setembro), nela celébrase a "Danza das espadas", na que os mareantes da vila percorren as súas rúas marcando os pasos coa música das gaitas, unidos uns a outros polo que denomínanse as "espadas".
     A festa da Sidra e da mazá en Santo Tomé de Piñeiro, onde os produtos desta terra son a base da festa, que conserva este produto típico da zona mediante a celebración que xunta a todos os veciños e veciñas da parroquia co fin de degustar varios pratos que fan coas mazás.
     O Entroido, onde todos os marinenses e demais visitantes bótanse á rúa cos seus disfraces a celebrar o entroido. Conta con moitas actuacións nas súas rúas ademais de desfiles e concursos. Destaca como día grande deste Entroido, o chamado "Enterro da sardiña", onde disfrazados cos seus traxes de loito e cunha grande tristura despídense do cadáver da sardiña. Tamén son importantes nestas festas as charangas, que compoñen cancións de temas de actualidade.



 Xeografía
     O municipio de Marín ten unha superficie de 36,7 km², inferior á media dos concellos de Galicia (que é de 93,57²) e dos da provincia de Pontevedra (que é de 71,57 km²), pero a súa situación entre o mar e a montaña proporciona un gran contraste e variedade de paisaxes. Conta con 8 quilómetros de costa, que forman parte da marxe sur da ría de Pontevedra.
     Marín está situado na península do Morrazo, na marxe meridional da ría de Pontevedra, a 7 km de Pontevedra e 27 de Vigo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra, ao leste co concello de Pontevedra, ao sur cos de Vilaboa e Moaña e ao oeste co concello de Bueu.
     As alturas maiores do concello están no leste, o monte Xaxán (600 m) e Cotorredondo (500 m). A partir delas, o relevo descende en pendente cara a costa, na que alternan os acantilados e as praias, debido á alternancia de faixas de xistos e granitos. A illa de Tambo está situada a pouco máis dun quilómetro do porto e é de propiedade pública desde hai pouco, xa que antes pertencía á Armada Española. Con todo, a súa xurisdición correspóndelle ao concello de Poio.



Parroquias de Marín
     Ardán (Santa María), O Campo (Santa María), Marín (San Xián), Marín (Santa María do Porto), Mogor (San Xurxo), San Tomé de Piñeiro (San Tomé), Seixo (Nosa Señora do Carme) 

 
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901