martes, 18 de febrero de 2020

ALDEA ABANDONADA DE XEI - RIO TRABA - NOIA

ALDEA DE XEI
RÍO TRABA
NOIA

    
     Xei, a aldea abandonada polos homes e tomada polo bosque


     Bordeando o Río Traba, a medio camiño entre O Couto (Noia) e Portobravo (Lousame) chégase a pé a un minúsculo núcleo urbano deshabitado desde os anos 70, pero de gran valor etnográfico, trátase de Xei, unha aldea, como outras moitas, abandonada polos homes e tomada polo bosque.

    
      A aldea está composta de seis construcións aínda recoñecibles, aínda que presumiblemente mentres foi habitada estas deberon de ser mais; tres casas de dúas alturas, o que deberon ser dúas cortes ou palleiros e o protagonista indiscutible da aldea, un muiño de dobre rodicio en relativo bo estado con aínda os restos da canle de entrada e saída de auga e unha arquitectura singular con desagües triangulares. 



      Todas as edificaciones están en estado ruinoso, quedando delas pouco menos que as fachadas.


     Ecolóxicamente trátase dun enclave típico de riveira, con grandes alisos, sauces, carballos e castiñeiros.


     Na mesma marxe do río, atopamos importantes e interesantes masas de musgos, fentos e briofitas e unha fauna na que cabe destacar a nutria, o martín mariñeiro, a lavandeira cascadeña, o chotacabras gris e a arcea, xunto coa pomba torcaz.


     É imposible facer referencia a este lugar e non deixar constancia da imperiosa necesidade da súa conservación debido o seu altísimo valor etnográfico e ata ecolóxico. 



       Debería buscarse algunha fórmula que permitise preservar, protexer e ata restaurar parte do patrimonio urbano e indudablemente o patrimonio ecolóxico, faise imprescindible tala das especies de árbores foráneos e a protección real e efectiva da fauna e flora.



Río Traba
     O río Traba é un pequeno curso fluvial da provincia da Coruña, que verte as súas augas no océano Atlántico.



Percorrido
     O Traba nace da xunta dos regos de San Xusto e de Soñora, a 500 m de altura, sobre o monte Muralla, no concello de Lousame. 



     É un río de curso basicamente encaixado, que desemboca na ría de Muros e Noia, na mesma vila de Noia, logo dun percurso total de apenas 17 km.


Réxime
     É un río de réxime pluvial


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: www.riadenoia.es
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901