jueves, 26 de marzo de 2020

EXPO " O CAMIÑO "A GASTRONOMÍA E A ARTE - PONTE DE LIMA 2020

EXPOSICIÓN
O CAMIÑO A GASTRONOMÍA E A ARTE
A. AMIGAS E AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS
PONTE DE LIMA


     O día 4 de Marzo fomos convidados por os Amigas e Amigo do Camiño Portugués a Compostela a inauguración en Ponte de Lima "O CAMIÑO A GASTRONOMÍA E A ARTE" que coincidiu e estaba enmarcada dentro dos actos do DÍA DE PONTE DE LIMA.


     Na inauguración que encheu as instalacións da Sala da Torre da Cárcere Vella asistiron unha ampla representación de xentes relacionadas co Camiño de Santiago como da Cámara Municipal e a presencia da Ministra de Coexion Territorial,Douctora Ana María Pereira que animou os presentes a seguir traballando por O Camiño que forma parte da historia, cultura e tradición de Portugal e Galicia.


A Expo:
     De novo a exposición Camiños voltou a escoller un epígrafe relacionado coa cociña, si en anteriores edicións foi o viño, ou o pan, tocoulle agora a gastronomía e aos seus restaurantes. 
 

     Un dos principais atractivos do Camiño Portugués a súa gastronomía. En calquera lugar atoparemos restaurantes, bares ou Casas de Comidas onde gozar de excelentes menús diferentes todos os días da semana. 



     Ademais da Sopa, un prato principal, bebida e sobremesa.


     Se falamos dun prato nacional de Portugal, este é sen dúbida o bacallau; calquera carne, peixe ou guiso "maridará" perfectamente cun dos bos viños destas terras que, grazas ao seu clima e séculos de dominación romana, teñen unha gran tradición vitivinícola.


     Os amantes do doce gozarán dunha variada confeitería de orixe conventual.


     A Exposición do Arte, nas súas vertentes de Pintura, fotografía e escultura.


     Non se nos debe esquece que esta exposición é posible gracias ao traballo desinteresado das Amigas e Amigos do Camiño e das Institucións coma a Deputación Provincial e os Concellos e Cámaras municipais onde se expón.
 

Comisaria:
Andrea Lores


Artistas:
Alex vázquez
Antón Sobral
Cuqui Pazos
Eduardo Dios
Jaime Falcón
J.M. Barreiro
Luz La fuente
Mario Rocha
Puri del Palacio


Fotógrafo:
Xulio Gil


Restaurantes:
Tasquiña da Linda VIANA DO CASTELO
O Compadre PONTE DE LIMA
Pedra Furada BARCELOS
Casa Roman PONTEVEDRA
Eirado da Leña PONTEVEDRA
Pé da Cuba VILANOCA DE AROUSA


      Agradecemos a Asociacion de Amigas e Amigo do Camiño Portugues o acordarse de nos para estar presentes no acto.
Moitas Gracias

VIDEO
VIDEO
VIDEO
VIDEO
VIDEO

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: 
Amigas e amigos do Camiño Portugués a Compostela
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 21 de marzo de 2020

RESTAURACIÓN DO PETO DA DEVESA - ARCADE - SOUTOMAIOR

RESTAURACIÓN DO PETO DA DEVESA
A DEVESA
ARCADE
SOUTOMAIOR

Peto no ano 2019
     O historico peto de ánimas da Devesa, volve locer todo o seu esplendor despois da restauración a cargo da comision das Dores.


Peto no ano 2019

      Este peto antigamente estaba ubicado o lado da igrexa parroquial, e foi trasladado o fondo da Devesa nun carro de vacas cando se fixo a carretera.


Peto no ano 2019

       No 2018 fixose unha restauracion da capela e colocouselle a cruz que se rompera no seu traslado.


Peto no ano 2019

        Outra parte que chama a atención e a talla, polo seu esplendor e pola sua historia.
      Esta talla a Virxe das Dores era unha Inmaculada Concepción transformada grazas as doazons.
       No 1962 Rubi sufriu unha grande riada, e no medio daqueles lodos, foi atopada por Merce Pidelaserra Llordes avoa da nosa amiga Merce Alegria.
      Nos anos 90 esta catalana recalou na Insua-Pontecaldelas e doouna a igrexa de Santa Mariña.
    Don Xullo cura da parroquia nesa data gardouna nun baul envolta e espida, quizais a espera de recursos para emprender a necesaria restauracion.


Peto no ano 2017

      Co paso dos anos Don Uxio o actual párroco  de Arcade-Insua custodiouna na sua casa, agardando o mento e a oportunidade de restaurala e convertila no que hoxe podemos aprezar.


Peto no ano 2017

   Quero agradecer a Rosana Comesaña a súa axuda para poder realizar este traballo e felicitar á xente que axudou a que este elemento patrimonial luza asi de ben
Grazas

Peto no ano 2017
VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Rosana Comesaña
XOAN ARCO DA VELLA




PETO DOS MATOS - A PEREIRA - TORNEIROS - O PORRIÑO

 PETO DOS MATOS
A PEREIRA
TORNEIROS
O PORRIÑO


     Sinxelo cruceiro baixo un baldaquino coroado con cruz que o cobixa.



     Posúe unha base coas arestas rebaixadas. 



     O varal ten forma octogonal, que da paso directamente ao inicio da cruz cos brazos potentados, no que vemos unha representación do Cristo no anverso e a imaxe da Virxe no reverso.



     A Virxe aséntase sobre unha peana que ten unha representación dun querubín.


     Todo o conxunto presenta restos de policromía.



     Foi restaurado recentemente pola Deputación de Pontevedra



Petos, cruceiros e canastros
    Os petos de ánimas, os cruceiros e os canastros son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


Cruceiros
     Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.


     Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.


     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 20 de marzo de 2020

CRUCEIRO DO CONTRASTO - O CONTRASTO - TORNEIROS - O PORRIÑO

CRUCEIRO DO CONTRASTO
O CONTRASTO
TORNEIROS
O PORRIÑO


     Cruceiro sinxelo e de formas simples. Consta dun chanzo, aínda que é posible que teña algún máis baixo o cemento.



     O varal ten forma octogonal, que da paso a unha cruz latina na que se pode apreciar a figura de Cristo.


     Sufriu gran cantidade de alteracións debido a múltiples fracturas por atoparse nun cruce de camiños chocando contra el moitos coches; hoxe está pegado con cemento.


     Tamén a capela foi construída por este motivo sendo doada por un veciño da zona no ano 1992.


Petos, cruceiros e canastros.
    Os petos de ánimas, os cruceiros e os canastros son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


Cruceiros
     Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.


     Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.


     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA