PETO DOS MATOS
A PEREIRA
TORNEIROS
O PORRIÑO
Sinxelo cruceiro baixo un baldaquino coroado con cruz que o cobixa. Posúe unha base coas arestas rebaixadas.
O varal ten forma octogonal, que da paso directamente ao inicio da cruz cos brazos potentados, no que vemos unha representación do Cristo no anverso e a imaxe da Virxe no reverso.
A Virxe aséntase sobre unha peana que ten unha representación dun querubín.
Todo o conxunto presenta restos de policromía.
Foi restaurado recentemente pola Deputación de Pontevedra
Petos, cruceiros e canastros
Os petos de ánimas, os cruceiros e os canastros son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.
Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.
Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.
Cruceiros
Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.
Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.
Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
Pertiño de onde vivo eu !
ResponderEliminarXoán, por que se chama Peto se é cruceiro?
ResponderEliminar