CRUZ CUBERTA DA CONGOSTRA
A CONGOSTRA
A LAMOSA
COVELO
Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.
Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.
Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.
Cruceiros
Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.
Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.
Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...
Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.
O que aquí podemos ver é unha curiosa cruz tipo latina feita en pedra que nace sobre unha base cúbica.
Na cruz destaca un Cristo crucificado pintado.
O conxunto se complementa cunha estrutura pétrea feita en perpiaño granítico e con cuberta a dúas augas que protexe á cruz.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901