jueves, 22 de agosto de 2013

A PONTE DE MOUROS - OITABÉN

A PONTE DOS MOUROS
OITABÉN
FORNELOS DE MONTES


     En Fornelos de Montes (Pontevedra) hai un castro abraiante. Chámase A Cidade e esténdese por un risco encaixado entre dous ríos, hoxe rodeado pola conca do encoro de Eiras, cuberto por unha espesa fraga. O castro ten dous foxos enormes. 
 

     Un deles aílla a acrópole do resto do recinto. Outro, rodea unha plataforma que se estende ao oeste. Pero neste lugar, dun xeito que non sabemos polo de agora, produciuse unha sorte de simbiose cultural entre arquitecturas e espazos ao longo dos séculos que non é doada de explicar.

 

     O que os veciños de Oitabén chaman A Ponte dos Mouros. Trátase dunha especie de ponte-acueduto que atravesa o foxo e comunica a croa do castro coa segunda plataforma, pero no que alguén se preocupou de facer unha entrada monumental cara ese poboado de casas semisoterradas.

 

     Antigo poboado construido nos restos dun antigo castro Celta aproveitando las murallas que o rodeaban.



     Na parte alta dereita da porta de entrada, ainda se poden distinguir restos de edificacións circulares Celtas.



     A muralla da entrada, desempeñou a función de acueducto, o cal podese observar ascendendo polo lateral para ver a canalización existente para dirixir a auga.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. E un lugar cheo de maxia, que vai cambiando seguín a estación do ano, pero nunca perde o seu encanto. As fotos preciosas. Un biquiño

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901