domingo, 25 de agosto de 2013

LENDA DAS MARIAS - LOURIZÁN

LENDA DAS MARIAS
LOURIZÁN


     Quero deixar constancia equí dunha lenda da parroquia de Lourizán, quizáis moi descoñecida hoxe, pero que sirveu de argumento pra un libriño de Juan de Lérez. "Las rocas encantadas", tamén coñecida por "La leyenda de las tres hermanas"

     Como tantas outyras lendas galegas, narra a historia dun pescador. Juan Agonía, que volve a casa triste por non pescar nada, e ó acercarse a praia (onde hoxe esta a gasolinera de Mollabao), ollou tres xigantes xunto a tres penedos enormes.

     De pronto, os xigantes desaparecen, e de cada penedo sae unha doncela que anunciaba o contido das rocas: ouro, prata e veneno.

     Despóis de varias peripecias, Juan Agonía logrou enche-la barca de ouro.

     Juan cambia entón a sua vida e marcha vivir na corte. Esquécese dos amigos, e vive con todo luxo. Pouco a pouco esta vida, e o xogo, esgótanlle os cartos.

     Juan Agonía volve entón á mesma praia. Quere golpear outra vez o penedo, pero antes de facelo un raio cae enriba do penedo

     A sua familia tópao a mañá seguinte, na area morto. No libro citado, a historia remata así:


 " Y aun hoy cuando algún viejo marinero
recorre en su batel aquellas playas,
el viajero le enseña misterioso
las negras rocas de las tres hermanas".


Revista cultural da parroquia de Lourizán, 1982
ASOCIACION XUVENIL CELTA

 MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901