MUIÑO DE CARRILLON
RÍO BARRAGÁN
RUTA DO BARRAGÁN
PAZOS DE BORBÉN
FORNELOS DE MONTES
RÍO BARRAGÁN
RUTA DO BARRAGÁN
PAZOS DE BORBÉN
FORNELOS DE MONTES
Esta fermosa ruta froito do esforzo e a ilusión das Comunidades de Traspielas, Calvos, Moscoso e Xunqueiras, parroquias dos municipios de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.
O sendeiro discorre case na súa totalidade polas ribeiras do río Barragán, mostrando paso a paso a maxia é posible, os misterios se tocan, e descóbrense miles de historias fantasticas.
Pontes como A ponte de Pau e A ponte Nova, muiños, algúns restaurados, como O Lanuxe, ou Novo, O do Abade, presas nas que se retén a auga para alimentar as levadas dos muiños, con nomes do máis enxebre: a de Perico, de Truiquillón, Barragán, Porta Cavada, etc.
Unha que foi moi popular no seu tempo referíase A Levada Das maruxas, un encantador sendeiro que corre paralelo ao río nunha zona frondosa e recollida na que unha fada esperaba os incautos viandantes, os invitaba a charlar e se afundía con eles nas augas do río.
En fin, por moito que llos queira describir, non hai palabras para expresar a beleza destes sitios. Soamente estando alí pode gozar un do encanto de tanta fermosura.
Recoméndovos visitar o sitio e descubrir que son necesarios todos os sentidos para sentir como un se pode transportar no tempo e perderse nel.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901