jueves, 8 de agosto de 2013

PETO DE SETECOROS - VALGA

PETO DE SETECOROS
O PINO
SAN SALVADOR DE SETECOROS 
VALGA


     
      Situado no lugar do Pino, é unha boa mostra do traballo dos canteiros da comarca, que tiveron unha gran repercusión en todo o territorio Ulla Umia.


     Este tipo de representacións, lixeiramente posteriores os cruceiros, cumplen unha dobre función: lembrar os fieles do terribledo Purgatorio, onde as almas deben expiar os seus pecados antes de acceder o Ceo, e recaudar diñeiro, para o cal solían dispor dun caixón no que se deixaban as limosnas.


      O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.



     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.




     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.



     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".



     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".




MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901