IGREXA DE SAN FELIX
BRIÓN
BRIÓN
Brión é terra de percorre-la de vagar, mellor a pé ou de a cabalo
aproveitando calquera das instalacións hípicas existentes. Xa aconsella o
vello refrán: "A Amaia, pasala con día", para disfrutala, para
descubrir a cada canto as variedades da súa paisaxe ("A Amaía é Galicia
enteira en grandiosa síntese"). Asomarse ás atalaias do seu ondulante
relevo: admira-lo val desde as Torres de Altamira ou dese o adro de
Bastavales.
Perderse na enramada ó longo de calquera dos seus infinitos fíos de
auga: Brión é unha "mesopotamia" entre o Sar e o Tambre, cun tecido
húmido de pequenos afluentes troiteiros, de augas transparentes, e
regueiriños.
AS IGREXAS E CRUCEIROS
En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello.
En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello.
Ademais da capela de Santa Minia e a igrexa de Bastavales coa capela
do Carme, pódese visita-las igrexas parroquiais, a maioría delas de
estilo barroco, de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda,
Viceso, Ons e Brión. Estas, ademais do edificio, adoitan acoller pezas
ás veces moi valiosas coma os retábulos, imaxes, ourivería, etc.
No percorrido polas diferentes parroquias tamén se pode atopar outro elemento moi importante do noso patrimonio, os cruceiros, entre os que compre destacar o de Bemil, Boullón, Vioxo de Abaixo, Goriña e Mourentáns.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901