domingo, 11 de agosto de 2013

PETO DA GODELA - COTOBADE

PETO DA GODELA 
CASA DA PESTE 
GODELA 
COTOBADE

     
     Construción de tipo pechado, coroada por unha cruz de pedra que se levanta sobre unha basea decorada con caveira e dous pináculos altos aos lados. 


     Pola parte traseira, mostra un reloxo de sol sobre o tellado. A fornela ampla, de sentido horizontal, contén o caixón de esmolas e protéxese cunha reixa | rella de ferro, agora sen ferrollo. 


     O retablo, de madeira policromada, presenta a Santo Antonio Antonio e a Virxe, ambos os dous sobre nubes. Debaixo cinco ánimas, distinguindo un cura polo bonete. Un anxo aparece na parte máis alta do retablo.  


      Esta situado non cruzamento de camiños entre o lugar de O Peso e Valongo, no lugar coñecido como casas da Peste, un sitio realmente enigmático e esquecido por os seus habitantes fai moitísimos anos.


      O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.



     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.




     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.



     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. 



     Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".



     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".




MAPA
 

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901