A CASA RAIÑA
A CIDADE
FORNELOS DE MONTES
En Fornelos de Montes (Pontevedra) hai un castro abraiante. Chámase A Cidade e esténdese por un risco encaixado entre dous ríos, hoxe rodeado pola conca do encoro de Eiras, cuberto por unha espesa fraga. O castro ten dous foxos enormes. Un deles aílla a acrópole do resto do recinto. Outro, rodea unha plataforma que se estende ao oeste.
Pero neste lugar, dun xeito que non sabemos polo de agora, produciuse unha sorte de simbiose cultural entre arquitecturas e espazos ao longo dos séculos que non é doada de explicar.
A CASA RAIÑA
A casa da Raíña é unha estrutura tradicional que forma parte do poboado agroganadeiro de época moderna situado ao longo do foso do castro de A Cidade, probablemente coétanei coa contrución do acueduto en 1787.
Trátase dinha construción terrea, illada, de planta rectangular e anexo, construída en pedra sen revestimento interios ou exterior con tellado a duas augas e cuberta vexetal.
A función sería a residencia estacional de xentes humildes dedicadas a agricultura, aproveitando os canais de rego que se constrúen nese momento.
Probablemente, na edificación cohabitaría unha cabana gandeira composta por ovellas e porcos que xerarían esterco de sustento ou incluso obxeto de comercio.
Coa rehabilitacón desta vivenda prétendese a valorización dun espazo de alto valor arqueóloxico e patrimonial e a divulgación dun poboado característico do monte da cidade.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901