PETO DE MEIXOA
CERAXE
COTOBADE
CERAXE
COTOBADE
O peto de ánimas da Meixoa (Ceraxe de Arriba) foi construído en 1878. É de tipo pechado, coroado cunha cruz alta e dous pináculos aos lados. Ten un fornelo pequeno arqueado, cun retablo de pedra policromada protexida por un vidro.
O retablo ten a imaxe da Virxe co Neno Xesús sobre unha nube, un bispo baixo ela, e tres ánimas entre lapas por baixo deste.
Ten dúas inscricións: na esquerda, TODOS DE CORAZON POR CIERTO SECOREDENOS CON EL PADRE NUESTRO, e na dereita TODOS LOS QUE IDES PASANDO ACORDADOS DE NOSOTRAS QUE ESTAMOS PENANDO.
O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.
Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar.
Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".
Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".
E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901