domingo, 4 de agosto de 2013

PORTO DE CABODEIRO

PORTO DE CABODEIRO
ILLA DE AROUSA


     É un dos portos secundarios da Illa de Arousa, utilízase para amarrar as embarcacións e descargar o peixe. Este embarcadoiro, cunha intensa actividade, é imprescindible para a xente do lugar. A escasos pasos atópase a praia de Cabodeiro, moi frecuentada, e onde se pode gozar do mar e da natureza.


     A Illa de Arousa ou A Arousa, é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2010 tiña 5.000 habitantes. O seu xentilicio é arousán.


     A illa ten unha superficie de 7 km², acadando a súa maior altitude no Con do Forno (68 m). Desde setembro de 1985 está unida ao continente por unha ponte de 2 km.



     Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, a praia de Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.



     Esta illa ten catro portos: o do Xufre, (onde se comercializa o marisco e o peixe), Cabodeiro, Naval e O Campo. Hai tres paseos marítimos: o do Campo, o do Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada. É tamén de interese turístico o faro de Punta Cabalo.



     As precipitacións danse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera; no verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse mais de 1.000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi no 1985. As temperaturas medias de inverno son de 10º e no verán de 21,5º, con máximas de 40º en agosto.



     A illa xa foi habitada nos primeiros tempos do paleolítico (quedando mámoas na illa Guidoiro Areoso) e na idade do bronce, en épocas en que o nivel do mar era máis baixo. Da época romana quedan restos dunha vila preto da punta do Naso, e localizouse unha necrópole na praia dos Bufos.

 

     No ano 912 a metade da illa pasou a pertencer ao mosteiro de San Martiño Pinario, da orde de San Bieito, trala doazón do bispo de Iria Sisenando. No ano 929 o rei Afonso IV fundou o mosteiro de San Xián.



     No século XII, ante as invasións dos normandos, o arcebispo Xelmírez ordenou a construción de naves e torres para protexer a costa, converténdose a illa nun punto de encontro para as tropas.
Peirao.

 

     A partir de 1845 desenvolveuse a industria de salgado e pesca da sardiña, chegando a haber sete factorías. En 1879 inaugurouse a fábrica de salgado Goday, a segunda implantada en Galicia.

 

     Trala División territorial de 1833 converteuse en concello, pero en 1873 pasou a formar parte de Vilanova de Arousa, ao que pertenceu até 1996 agás entre 1935 e 1945, cando formou parte de Vilagarcía de Arousa. En 1996 volveu ser concello de seu, logo da presión social da veciñanza.



     O 14 de setembro de 1985 inaugurouse a ponte que une a illa a terra, que dinamizou a economía da poboación. Até entón os desprazamentos tiñan lugar en pequenos barcos.

 

     Tradicionalmente a economía estivo baseada na pesca e no marisqueo, pero actualmente está máis diversificada.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901