CASA DÁ PESTE
A GODELA
AGUASANTAS
COTOBADE
Casa dá Peste (1721) no lugar abandonado da Godela (Aguasantas-Cotobade).
Non encontrei información segura sobre o tema, pero é de imaxinar que ese nome lle vén pola súa función de afastar e ter recluídos os casos de peste, que naquelas épocas non tenian solución, ou ben unha epidemia tivese feito desaparecer os habitabntes case en toda a súa totalidade.
Trátase da enfermidade infecciosa máis letal de todas as coñecidas ata a data, pola que se calcula que morreron no mundo uns 200 millóns de persoas e non é ata 1920 aproximadamente en que os casos por razóns de hixiene e demais empezan a diminuír.
Non está erradicada, seguen existindo focos en todos os continentes.
A Godela segundo o Instituto Galego de Estadística (IGE) está deshabitada.
Neste lugar encóntrase un conxunto de dúas construcións en moi mal estado de conservación, coñecidas como a Casa da Peste.
Unha das casas ten un patio interior con dous arcos e un lintel coa inscrición do ano 1721.
Antes de entrar no recinto das casas, está o Peto de Animas dá Godela, do ano 1852.
A casa é magnifica e aínda que está algo afastada do pobo, sería moi interesante acometer a súa restauración.
Por este lugar pasa a corredoira (camiño de pedra) que une a aldea do Peso (Escuadra- A Lama) a través do ponte do Peso, coa aldea do Trebello (Aguasantas-Cotobade) e de aquí baixa cruzando o río Barbeira polo ponte de San Vicente ata Sualomba na Lama.
O ultimo episodoio vivido pode que neste lugar fóra a epidemia de Colera dos primeiros anos de 1800.
As Epidemias de cólera en España foron unha serie de brotes de cólera morbo que aconteceron dende o primeiro terzo do século XIX ata finais do mesmo século nas grandes cidades de España. En total faleceron unhas 800.000 persoas ao longo das catro pandemias que aconteceron en España durante ese século. Non obstante, a enfermidade da cólera foi unha entre varias das enfermidades contaxiosas que azoutaron o país. Sirva dicir que a poboación española en 1800 era de 11.5 millóns de persoas e se caracterizaba por unha alta taxa de natalidade e mortalidade. As sucesivas pandemias que sufriu o país provocaron unha recesión económica, así como unha oportunidade de cambio profundo na sanidade e hixiene en España. Non estivo exenta de polémicas tanto por emprego das vacinas creadas por Jaume Ferran, como polas formas de combater a enfermidade, así coma polas políticas empregadas para abordar a enfermidade. Cabe mencionar que o terror causado na poboación, debido ás mortes ocasionadas, foi motivo de revoltas populares e inestabilidade social.
Dende o primeiro brote de 1817 acontecido na India, é coñecida como unha enfermidade pandémica. A súa posterior propagación ao longo dos sucesivos países de Europa fai aparecer, finalmente, os primeiros casos a España. O primeiro brote acontece a principios do ano 1833 no porto de Vigo, que se repite case simultáneamente no sur de España.
O que se esta claro todo o conxunto dá Casa dás Pestes e o entorno respira certo aire magico e misterioso
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901