sábado, 17 de agosto de 2013

FONTE SANTA - BARCIADEMERA

FONTE SANTA
SAN XOAN DE MOSTEIRO
BARCIADEMERA
COVELO


     San Xoan de Mosteiro e o seu ámbito, esconde a historia máis antiga da parroquia de Barciademera, no concello de Covelo. 


     Neste lugar, no máis profundo do canón polo que discorre o Rio Alén (afluente do Tea) encontramos unha paraxe esquecida durante anos na que nos trasladamos a outra época, pode que a outra dimension, ao mais alla, todo parece estar rodeado de misterio, nótase cada paso que se dá.



      "A Fonte Santa".

      É de aparencia moi similar á que existe detras da capela de San Xoan, e nas súas inmediacións aprécianse restos de distintos muros que supostamente pertenceron a un antigo mosteiro benedectino que daría o nome a San Xoan de Mosteiro. Sería ademais outra das causas que orixinarían o gran desgaste do camiño empedrado que estamos a percorrer. Impresionante empredrado que nos fai transladar a tempos pasados.



     A tradición popular conta que neste apartado lugar se realizaban as execucións por parte da Inquisición, e que esa é a causa de que se amoreen sobre esta fonte unha enorme cantidade de cruces, tanto de pedra coma de madeira, en recordo á gran cantidade de victimas aqui xerada. 



     Cóntase que este lugar quedou sepultado por un corremento de terra e que fué redescuberto polo párroco alá por 1900, e que se rescatou a súa historia do esquecemento porque algúns veciños aínda recordaban os relatos dos seus antepasados acerca da Fonte Santa de San Xoan de Mosteiro


     A impresionante Fonte Santa
     Esta lugar "A Fonte Santa" impresiona, segue estando enchido de cruzamentos, segue sendo lugar de culto ao que se achegan multitude de persoas, e segue sendo un lugar misterioso no que se reciben moi estrañas sensacións, en especial polas noite. 



     Os paisanos seguen contando que existía algunha estraña cova usada a xeito de foxa común e mesmo de minas que xeraban riqueza para o antigo mosteiro, pero todo isto non é certo.... ou si?…. Nunca se puido demostrar nin o un nin o outro.


     San Xoan de Mosteiro segue sendo un lugar realmente intrigante.



     Debemos saber tamén que podemos continuar o paseo despois da Fonte Santa, xa que a paraxe segue sendo unha natureza case virxe de extrema beleza, se podria perder un embriagado pola beleza do lugar.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901