viernes, 10 de mayo de 2024

ALMIÑAS DO CEMITERIO - CEMITERIO DE O PORRIÑO - O PORRIÑO

 ALMIÑAS DO CEMITERIO

CEMITERIO DE O PORRIÑO

O PORRIÑO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

    Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 7 de mayo de 2024

ESMOLEIRO DO MUSEO - RÚA MOUZINHO DE ALBURQUERQUE - A FORTALEZA - VALENÇA DO MINHO

ESMOLEIRO DO MUSEO

RÚA MOUZINHO DE ALBURQUERQUE

 A FORTALEZA

 VALENÇA DO MINHO 

 Núcleo Museológico Municipal de Valença
       O Núcleo Museológico Municipal de Valença permitirache revivir as épocas máis significativas da historia de Valença do Minho desde un dos seus edificios máis significativos, ofrecendo a oportunidade de descubrir a pre-história local, vivir o ambiente medieval, e contactar coa fortificación do século XVII.

       Trátase dun espazo creado para preservar a memoria cultural de Valença, cuxo obxectivo é coleccionar, interpretar e expoñer a historia local.

Localización:
     Rua Mouzinho de Alburquerque, Valença do Minho.

Fortaleza de Valença
      A Fortaleza de Valença (Praça-forte de Valença) é unha fortaleza que se localiza na vila, freguesía e concello de mesmo nome, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal raiando na marxe esquerda do Miño coa vila galega de Tui.

     O edificio actual data do século XVII, hoxe é propiedade da república e a vila vella de Valença que arrodea é un destino turístico e de compras de moitos galegos e portugueses.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de mayo de 2024

ESMOLEIRO IGREXA DE SANTO ESTEBAN - A FORTALEZA - VALENÇA DO MINHO

ESMOLEIRO 

DA 

IGREXA DE SAN ESTEBAN

A FORTALEZA 

VALENÇA DO MINHO

Igrexa de Santo Esteban
     A Igrexa de Santo Esteban, situada no corazón da Fortaleza de Valença, en Portugal, representa un fito inconfundible da arquitectura eclesiástica portuguesa do século XVII.

      Inmersa na histórica cidade de Valença, esta igrexa non é só un lugar de culto, senón tamén un testemuño do papel crucial que desempeñou a cidade como baluarte da independencia portuguesa nos séculos XVII e XVIII.

       A entrada á igrexa é gratuíta, aínda que se agradecen e son benvidas as doazóns.

Fortaleza de Valença
      A Fortaleza de Valença (Praça-forte de Valença) é unha fortaleza que se localiza na vila, freguesía e concello de mesmo nome, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal raiando na marxe esquerda do Miño coa vila galega de Tui.

     O edificio actual data do século XVII, hoxe é propiedade da república e a vila vella de Valença que arrodea é un destino turístico e de compras de moitos galegos e portugueses.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CAPELA DE SAN DIEGO - O ACIVIÑEIRO - GULÁNS - PONTEAREAS

 CAPELA DE SAN DIEGO

O ACIVIÑEIRO

GULÁNS

PONTEAREAS

 O Aciviñeiro 
      O Aciviñeiro é un lugar da parroquia de Guláns no concello pontevedrés de Ponteareas, na comarca do Condado.

Guláns
        San Xulián de Guláns é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 730 habitantes (355 homes e 375 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2009 cando tiña 777 habitantes.

Lugares de Guláns
      A Abelleira, A Abesoureira, O Aciviñeiro, O Arrabal, O Barreiro, A Barxa, O Casal, A Cima, A Costa da Groba, Costa de Sequeiros, Couso, A Cruz, A Devesa, O Eido Vello, O Lameiro, O Outeiro do Foxo, O Outeiro, O Padrán, Penadouro, O Pereiro, Porto, O Provizo, O Salgueiral, Santa Baia, O Souto, Suaviña, Valiñas

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

 

     Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Toponimia
     O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN BIEITO DE MARAÑAO - GABIÁN - LONGOS SAN CRISTOVO DE CEA

CAPELA DE SAN BIEITO DE MARAÑAO

GABIÁN

LONGOS

SAN CRISTOVO DE CEA

 Gabián
      Gabián é un lugar da parroquia de Longos, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE,en 2023 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres).

Lugares de Longos
      Cazarrancas, A Eirexa Vella, Gabián, Longos

Longos
      Santa Baia de Longos é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      En 2007 tiña 47 habitantes (20 homes e 27 mulleres), tres menos que en 2006.


Comarca do Carballiño

       A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PASO DAS QUINTAS - CAMIÑO DAS QUINTAS - RÍO BARBANTIÑO - PUNXÍN

 PASOS DAS QUINTAS

CAMIÑO DAS QUINTAS

RÍO BARBANTIÑO

PUNXÍN

 Río Barbantiño
       O río Barbantiño é un afluente do río Miño que discorre pola comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

Percorrido
      Nace nos montes de Orbán no concello de Vilamarín e discorre do nordeste a suroeste, atravesando os concellos de San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside e Punxín para desembocar no Miño en Barbantes.

      Os seus afluentes son pola esquerda o regato do Orbán, o río Formigueiro e o regato Casardemato, e pola dereita o regato Alontos, o regato da Cabana, o río Pequeno, o río de Louredo, o regato Listanco e o regato do Faro.

Punxín
       O concello, de 17,1 km², abrangue seis parroquias. Está situado ao noroeste da provincia de Ourense, atravesado polo río Barbantiño.

Patrimonio
      Consérvanse restos de poboados castrexos no monte de San Trocado e no castro de San Cibrao de Las, no límite co concello de San Amaro.
      A igrexa de Vilela é de orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi. Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

     A igrexas de Ourantes é románica, do século XII. É dunha soa nave e ten un retablo churrigueresco.
      A igrexa de Punxín é do século XVII, e conserva restos góticos. No seu interior hai un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila. Ten unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber. No adro hai un cruceiro modernista.

      A igrexa de Freás é do século XVIII, co retablo maior rococó e esculturas barrocas da Virxe das Candeas, San Roque e a Virxe das Dores. Na fachada hai unha figura gótica da Virxe co Neno.
       A igrexa de Vilamoure é do século XVIII, e ten dúas obras de pratería atribuídas ao abade Miguel Pérez.
      A igrexa de Barbantes é dos séculos XVIII e XIX, e no seu interior ten un retablo rococó con imaxes do barroco.
     O pazo de Punxín ten a súa orixe no século XII. En Freás está o pazo do Souto.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE CAMPOS - CAMPOS - VILA NOVA DE CERVEIRA

 IGREXA DE CAMPOS

CAMPOS

VILA NOVA DE CERVEIRA

 Campos
      Campos era unha freguesia portuguesa do municipio de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo.

Historia
       Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación dunha resolución da Asemblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 ao unirse coa freguesia de Vila Meã, formando a nova freguesia de Campos e Vila Meã.​

Economía
        No territorio da antiga freguesia de Campos atópase a Zona Industrial de Vila Nova de Cerveira.

Vila Nova de Cerveira
       Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente apenas por Cerveira) é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.

       É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías. O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño. No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.

        A cidade foi fundada polo rei Don Dinís de Portugal en 1321 e hoxe é moi coñecida e visitada pola Bienal Internacional de Arte de Cerveira que ten lugar na cidade desde 1978.

        O complexo do Fórum Cultural de Cerveira tamén é un lugar para exposicións e outros eventos fóra da Bienal. En portugués Cerveira é coñecida como Vila das Artes.

       A cidade mantén, entre outras cousas, residencias creativas na Casa do Artista "Pintor Jaime Isidoro" e alberga a Escola Superior de Arquitectura Gallaecia.

      O CineTeatro, convertido en centro cultural e de eventos, o arquivo da cidade (Arquivo Municipal), a biblioteca (Biblioteca) e a Casa do Turismo, aloxados nunha casa histórica de dous andares do século XIX, entre outros son ​​outros lugares de arte que hai que mencionar en Vila Nova de Cerveira.

       Na vila hai unha estación de ferrocarrís, con paso regular trens. Os monumentos arquitectónicos tamén inclúen edificios públicos históricos, fontes de pedra, o centro de artesanía Casa do Artesão, o Aquamuseu do Río Minho (aberto en 2005, dedicado á historia, á flora e fauna do río Miño), a pousada de Don Dinís, e varios de edificios sacros, como a Igrexa Matriz de Vila Nova de Cerveira (tamén Igrexa de São Cipriano) e a igrexa barroca, construída orixinalmente no século XVI.

Alén da de Lovelhe e Vila Nova, Cerveira ten 10 freguesías:
    Campos e Vila Meã
    Candemil e Gondar
    Cornes
    Covas
    Gondarém
    Loivo
    Mentrestido
    Nogueira e Reboreda
    Sapardos
    Sopo

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA