viernes, 4 de septiembre de 2020

O TREBELLO - AGUASANTAS - CERDEDO COTOBADE

O TREBELLO
AGUASANTAS
CERDEDO COTOBADE


O Trebello
     O Trebello é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 



     Segundo o IGE en 2010 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o mesmo número ca en 2007.


Patrimonio
      Neste lugar atópase o cruceiro de Trebello, cun oco dun esmoleiro pechado cunha porta de ferro situado no pedestal, e un pequeno reloxo de sol no fuste. 



     Na mesma praciña hai un peto de ánimas construído na parede dunha casa, que antigamente tiña as figuras de santo Antón, santa Bárbara e santa Tareixa.


     Do lugar parte un camiño de pedra cara a Sualomba (A Lama), pasando pola Godela e cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.


     O topónimo posiblemente fai mención a que neste lugar se colocaban trebellos, trampas de ferro para atrapar animais polos pés.


Aguasantas
     Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.



     Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.


Patrimonio
     A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. 



     Posiblemente o primeiro templo fose románico. 


     No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.


     Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.


      Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.


Lugares de Aguasantas
    Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande, O Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901