Anllo Santo Estevo de Anllo es una parroquia del municipio de Sober, en la provincia de Lugo, España.
Limita al norte con las parroquias de Acedre y Rosende, al oeste con Frontón, al este con San Martiño de Anllo, y al sur con Vilar de Cerreda y Santo Estevo de Ribas de Sil, las dos en la provincia de Orense y separadas por el río Sil.
Tenía una población de 186 habitantes en 2016, 82 hombres y 104 mujeres,1 agrupados en las entidades de O Arroxó, A Barca, Bouzas, A Burdalla, O Cabarco, O Campo de Anllo, Castinande, A Cegoñeira, Cuñas de Abaixo, Cuñas de Arriba, Hortás, A Mogueira, Nogueira, Pacios de Anllo, Portizó, A Pousa, Regueiro, Souto Novo y O Xuncal.
Sober Sober es una localidad y municipio español situado al sur de la provincia de Lugo, en la Comunidad Autónoma de Galicia.
Geografia Sober se encuentra en la comarca de Tierra de Lemos, limitando al norte y este con el municipio de Monforte de Lemos, al norte y oeste con el de Pantón y el río Cabe, mientras que al sur delimita con el cañón del río Sil.
Sober dista 77 km de la capital de provincia. El concello tiene una superficie de 133,35 km², y se encuentra a 600 msnm.
El municipio se divide en 22 parroquias: Amandi Anllo San Martiño de Anllo Arroxo Barantes Bolmente Brosmos Bulso Canaval Doade Figueiroá Gundivós Liñarán Lobios Millán Neiras Pinol Proendos Refoxo Rosende Santiorxo Vilaescura
El sector primario de Sober está centrado en la ganadería bovina criada para consumo, la cría porcina y en menor medida, ovina.
La agricultura representa el 37% de las superficie disponible del concello orientada al cultivo de cereales, patatas y primordialmente, la vid. El 58% de la superficie es de masa forestal, pinos y robles, y matorral.
La industria ocupa al 15% de la población y se concentra en entidades de tamaño pequeño o familiar principalmente en la elaboración de vino. Destaca la producción de material de construcción en Canaval y la alfarería artesana de Gundivós. Otros centros están dedicados a la manufactura textil (calcetines) y a la fabricación de herramientas y equipos de labor (cerrajería, máquinas de sulfatado).
El sector servicios se aglutina en torno a los servicios municipales y administrativos y a los establecimientos comerciales. Una feria tiene lugar dos veces al mes, la misma frecuencia que la de un mercado de productos.
Sober se encuentra en la región vinícola de la Denominación de Origen Ribeira Sacra, albergando la producción de la subzona de vinos de Amandi y la de la ribera del río Cabe, incluida en la principal.
Existen alrededor de 300 productores y 29 bodegas o adegas inscritas en el cosejo regulador. Un centro de embotellado industrial permite la comercialización de la marca de vino de Amandi Rectoral.
Cada domingo de Ramos, se celebra en Sober la Feira do viño de Amandi.
Cerdido Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes. O seu xentilicio é «cerdidense».
O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur coas Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Pertence á Rede Natura 2000 da ría de Ortigueira-Mera.
Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.
A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.
Historia No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.
No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.
O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de San Martiño de Xuvia.
No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de visconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.
Roteiro do Río Pontellas Interese do roteiro: Natural, xa que percorre a beira do río Pontellas, que está protexido por un corredor de vegetación de ribeira, onde podemos ver alisos, fresnos, abedules, sauces e moitas especies de helechos e flores.
Tamén conserva varios molinos, algún deles perfectamente rehabilitado e de fermosa construción, así como pontellas feitas en pedra para pasar o río, que dan un valor etnográfico ao roteiro.
O itinerario termina no lugar do Ou Castro, antigo poboado da idade do ferro que conserva as murallas e parte do foso, dotando a este breve percorrido dunha maior relevancia histórica.
Comarca do Ortegal A comarca do Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira, que é a súa capital.
Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental xa na provincia de Lugo e ao oeste coa comarca de Ferrol.
Fervenza do Cenza A fervenza do Cenza é un salto de auga natural situado no río Cenza (afluente do río Bibei) no seu paso pola parroquia de Castiñeira, no concello de Vilariño de Conso.
É a fervenza de caída non directa máis alta de toda Galiza con aproximadamente 100 metros de desnivel. O seu caudal viuse afectado pola canteira sitúada non moi lonxe dela
Castiñeira San Lourenzo de Castiñeira é unha parroquia do concello ourensán de Vilariño de Conso na comarca de Viana. No ano 2007 tiña 97 habitantes (52 homes e 45 mulleres).
Nela está a fervenza do Cenza, cunha caída duns 100 metros.
Río Bibei O río Bibei é un afluente do Sil pola esquerda da súa marxe, que a súa vez é un afluente do Miño pola súa marxe esquerda. O seu percorrido de 97 km transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo. A superficie da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 1.561 km².
Fontes O Bibei nace nas estibacións meridionais do pico do Moncalvo (2.045 m), a 1.891 m de altitude, no País Leonés, pasando despois a Galiza.
Percorrido Baña inicialmente parte da comarca zamorana da Seabra, onde atravesa a localidade de Porto. Logo de marcar un sentido N-S, pouco despois desta última localidade vira para realizalo en sentido cara ao norte, formando unha ampla elipse. Cruza partes das comarcas ourensás do Bolo e Trives, ata unirse ao Sil, pola esquerda, case enfronte de Montefurado, xa na provincia de Lugo. Así o Bibei percorre os municipios de Porto, Viana do Bolo, O Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives e Ribas de Sil, todas en Ourense, e Quiroga en Lugo.
No seu tramo final serve de linde entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga.
Afluentes Os afluentes máis importantes, pola esquerda, son o Camba, que se lle xunta en Viana do Bolo, o Conso, o San Miguel e o Navea. O Xares é o máis importante pola dereita. Todos eles dentro da Galiza.
Comarca de Viana A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.
Quintela de Leirado Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.
Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes.
O seu xentilicio é quintelán.
Xeografía Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes.
Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.
Historia Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.
A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
Río Deva O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.
Percorrido O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.
Réxime hídrico É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.
Comarca da Terra de Celanova A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.
A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.